xoves, 12 de febreiro de 2015

ANDRÉ CHALMEL

André Chalmel naceu en Dol de Bretaña (Francia), o 10 de outubro de 1949. Fillo dun ferroviario que quería que axudase á súa nai no comercio de alimentación para animais, pero a el o que lle gustaba era andar en bicicleta, sempre lle gustou moito. Empezou como amateur antes de converterse en profesional á idade de 22 anos, grazas a Cyrille Guimard, director deportivo do Gitane-Campagnolo.
Foi un ciclista profesional francés, sólido e fiel gregario de Bernart Hinault, que en 1979 gañou a Burdeux-París máis rápida da historia. Ese mesmo ano, estivo a piques de gañar o Campionato do Mundo no circuíto de Valkenburg (Holanda). Foi capturado in extremis a uns centos de metros da liña de meta polo pelotón liderado por Dietrich Thurau, o que permitiu que gañase Jan Raas. 
Foi Presidente da Asociación de corredores franceses de 1976 a 1983. Actualmente é membro do Comité da Federación de Ciclismo do Reino Unido, membro honorario de VC St. Malo e durante varios anos desempeñou o cargo de presidente da bicicleta “Bernard Hinault” que se celebra cada ano en Gran Bretaña.
Profesional de 1975 a 1982.
TRIUNFOS: 1975, vencedor da terceira etapa do Tour de Luxemburgo.
1977, vencedor do Gran Premio Plumelec. 
1979, vencedor da Burdeos-Paris.
1980, vencedor do Gran Premio de Costa Normanda.
1981, vencedor do G. P. de Isbergues.
Nunca participou no Xiro de Italia. 
TOUR DE FRANCIA: 1976 (65º), 1977 (42º), 1978 (63º), 1979 (59º) e 1982 (115º).
VOLTA A ESPAÑA: 1978 (47º).
Outros resultados dignos de mención: 1976 terceiro na Burdeos-Paris, 1977 sexto no Campionato do Mundo, terceiro no Campionato de Francia, terceiro na Burdeos-Paris e terceiro no Gran Premio de Fourmies. 1979 cuarto no Campionato do Mundo, 1980 terceiro do Tour d´Armor e 1981, vencedor do Gran Premio de Isbergues.
EQUIPOS: 1975-1977, Gitane-Campagnolo. 1978-1980, Renault-Gitane. 1981-1982, Peugeot-Michelin-Shell.

Ningún comentario:

Publicar un comentario