Georges Chappe alcumado “Jojo”, naceu en
Marsella, Boca do Ródano (Francia) o 5 de abril de 1942.
Foi un ciclista francés alto e desgarbado, regular e forte, especialista nas probas contra o reloxo, bo gregario e membro crave do equipo de Raymond Poulidor no Mercier das tempadas de 1965 a 1971.
En 1964 formou parte do equipo na contrarreloxo por equipos dos Xogos Olimpicos do Verán.
Profesional de 1965 a 1972, durante os cales participou en sete edicións do Tour de Francia, terminando cinco e gañando a cuarta etapa disputada entre Roubaix e Rouen en 1968.
TRIUNFOS: 1963 Campión Mundial amateur 100 quilómetros contra reloxo con Michel Bechet, Marcel-Ernet Bidault e Dominique Motte e vencedor da Paris-Camembert.
1965, vencedor da Promoción Pernod para ciclistas menores de 25 anos.
1967, vencedor da Paris-Camembert.
1970 vencedor da Paris-Camembert, do Critérium Nacional e do Tour de Var.
1971 vencedor dunha etapa da Volta a Portugal.
Nunca participou no Xiro de Italia.
TOUR DE FRANCIA: 1965 abandonou, 1967 (37º), 1968 (42º, máis unha etapa), 1969 abandonou, 1970 (84º), 1971 (94º) e 1972 (50º) .
VOLTA A ESPAÑA: 1965 (36º), 1967 (56º) e en 1971 abandonou.
Outros resultados dignos de mención: 1966, segundo con Raymond Poulidor no Trofeo Baracchi. 1967, segundo no Gran Premio de Plouay. 1968, terceiro no Circuíto da Vienne. 1969, terceiro no Critérium Nacional. Segundo na Paris-Camembert e segundo no Circuíto da Vienne. 1972, segundo na Nevers de estrada.
EQUIPOS: 1965-1969 Mercier-BP-Hutchinson. 1970-1971 Fagor-Mercier e 1972 Gitane.

Ningún comentario:
Publicar un comentario