Claudio Chiapucci,
naceu en Uboldo, Lombardía (Italia), o 28 de marzo de 1963. Alcumado o Diablo
foi un bravo ciclista italiano que polas lesións, e o ter que traballar para
outros (Roberto Visentini, Stephen Roche e Urs Zimmermann entre outras
figuras), nos seus primeiros anos, fixeron que non destapase o tarro das
esencias ata a tempada 1990, ano este en o cal gañou a montaña no Xiro de
Italia e, no Tour de Francia, logrou o segundo posto logo de lucir o xersei de
Líder durante oito etapas.
Considerado, en efecto, ata 1990 como un escalador de peto e pouco máis, ese ano experimentou unha verdadeira metamorfose: pasou de gregario a líder non só polo golpe de man da etapa que, tralo prólogo, abriu o Tour de Francia e que marcou a lume no desenvolvemento da primeira carreira do mundo, senón porque o seu acceso ao maillot amarelo, primeiro, e a sua valerosa defensa, despois, do primeiro posto da xeral confirmáronlle a si mesmo e a todo o mundo ciclista como un novo valor de entidade con entidade para codearse cos máis grandes. Este cambio foi, sobre todo, sicolóxico que é o que ao cabo, determina a evolución dun deportista de alta competición en calquera especialidade.
Esta feliz mutación supuxo para a revelación do ciclismo internacional da tempada 90 abandonar dunha vez por todas as funcións de aguador para levar con honor os galons de xefe de fila.
Na súa vida deportiva tamén tivo a mala sorte de coincidir coa época esplendorosa de Miguel Induráin, sendo a súa actuación máis brillante a que tivo lugar no transcurso da decimotercera etapa do Tour de Francia de 1992, con final en Sestriere (Italia). Esa durísima etapa, constaba de 254,5 quilómetros de alta montaña sendo dominada por el desde o principio, xa que estivo escapado 200 km, dos que 125 foron en solitario. Cando se levaban disputados soamente 28 quilómetros o Diablo escapouse xunto con outros bos escaladores (Richard Virenque, Iñaki Gaston, Peio Ruiz Cabestany e Thierry Claveyrolat, entre outros), e tras rodar con eles e ascender os portos de Saisies e Colmet de Roselend (ambos de primeira categoría), foinos deixando na ascensión ao Col d´Iseran, o máis alto desa edición e con máis de 35 quilómetros de subida. Por detrás, os equipos dos dous grandes favoritos para a vitoria final, o Gatorade de Gianni Bugno e o Banesto de Miguel Induráin, tiveron que traballar de xeito abondo case dende o inicio da escapada para que a vantaxe do italiano non fóra en aumento, a consecuencia disto, tanto Induráin como Bugno quedáronse sen gregarios a falta de máis de 110 quilómetros para a liña de meta tendo que asumir o mando e tirar a matar para intentar dar caza ao Diablo.

A falta de empezar a subida
ao porto de Sestriere, completamente plagada de xente, un selecto cuarteto
formado por: Andy Hampsten, Gianni Bugno, Franco Vona e Miguel Induráin
intentaban dar caza a un Claudio Chiapucci cada vez máis fatigado pola calor
reinante e polo enorme esforzo de rodar xa máis de 100 quilómetros en
solitario. A vantaxe segundo pasaban os quilómetros ía diminuíndo, momento que
aproveito Franco Vona para lanzar un ataque ao que só Miguel Induráin foi capaz
de responder, os tifosi italianos e o resto de afeccionados ao ciclismo
presaxiabamos que finalmente darían caza ao italiano antes da liña de meta,
máis aínda cando Induráin puxo a directa marchándose en solitario en busca do
bravo corredor italiano, en cada quilómetro o español sacáballe 25-30 segundos,
chegándose a poñer a só 30 de diferenza a falta dos 3 quilómetros finais. Pero
os dous últimos quilómetros o home do mazo tralo esforzo realizado por Miguelon
golpéolle coa suficiente forza para non poder co bravísimo corredor italiano,
sendo ata alcanzado por Franco Vona metros antes da chegada, chegando exhausto
á meta a 1:45 do flamante ganador Claudio Chiapucci, unha terceira praza para
Induráin que sentenciaba ese Tour. Sendo esta sen dúbida una das gestas do
ciclismo máis recordado dos últimos anos.
Un ano antes, tamén gañou a 13ª etapa, con final
en Val Louron. Induráin e el escapáronse no descenso do Tourmalet. O Diablo
Chapucci gañou a etapa e Induráin o maillot amarelo, que xa non soltaría. Era o
primeiro Tour de Francia para o español.Profesional de 1985 a 1999, durante os cales logrou unha Milán-San Remo, un Xiro do Trentino, unha Volta ao País Vasco, a Clásica de San Sebastián, a Volta a Cataluña, o Xiro do Piamonte, unha etapa do Xiro de Italia, a clasificación por puntos do Xiro de Italia de 1991 e o premio da Montaña de 1990, 1992 e 1993, tres etapas do Tour de Francia, máis a clasificación da Montaña dos anos 1990 e 1991.
Moitos triunfos, pero menos que o seu valor, xa que ás veces, o valor é a medida e a Claudio Chiapucci, máis que polos seus triunfos recordáraselle polos seus desafíos, e polo seu corazón cheo de impulsos en subidas ou baixadas. Estes son os ciclistas que deixan pegada e que logo de 16 anos da súa retirada todo o mundo lle aclama.
Tamén é considerado como o pai deportivo do desaparecido Marco Pantani.
Trala súa retirada, participou no reality Supervivientes da RAI, en competicións de mountain bike, en Marchas Cicloturistas e en todos os eventos aos que se lle invite. Nunca di non.
Triunfos: 1989, vencedor do Xiro do Piamonte e da Coppa Placci.
1990, vencedor do Gran Premio das Américas, dunha etapa da Paris-Niza e o Gran Premio da Montaña no Xiro de Italia.
1991, vencedor da Milán-San Remo, do Medrisio de Ouro e da Volta ao País Vasco, máis unha etapa.
1992, vencedor da Subida a Urkiola, do Xiro dos Apeninos e do Xiro do Trentino.
1993, vencedor da Clásica de San Sebastián, da Coppa Sabatini e da Japan Cup.
1994, vencedor da Volta a Cataluña, do Tre Valli Varesine, dunha etapa da Volta a Galicia e da Japan Cup.
1995, vencedor da Escalada a Montjuich, máis unha etapa, da Japan Cup e do Xiro de Piamonte.
Outros resultados dignos de mención: 1987, segundo no Xiro de Toscana.
1990, segundo na Copa do Mundo, terceiro no Gran Premio de Francfort e no Campionato de Zurich e segundo na clasificación xeral final do Tour de Francia.
1991, segundo na clasificación xeral final do Xiro de Italia, terceiro no Tour de Francia e terceiro no Campionato de Italia de fondo en estrada.
1992, segundo no Xiro de Italia, terceiro na Bicicleta de Ouro e segundo no Tour de Francia.
1993, terceiro no Xiro de Italia.
1994, segundo no Campionato do Mundo de fondo en estrada.
XIRO DE ITALIA: 1985 (64º), 1987 (48º), 1988 (24º), 1989 (46º), 1990 (12º), 1991 (2º), 1992 (2º), 1993 (3º, máis unha etapa), 1994 (5º), 1995 (4º), 1996 abandonou e 1998 (60º).
TOUR DE FRANCIA: 1989 (81º), 1990 (2º), 1991 (3º, máis unha etapa), 1992 (2º, máis unha etapa), 1993 (6º), 1994 abandonou, 1995 (11º) e 1996 (37º).
VOLTA A ESPAÑA: 1988 (26º) e 1997 (11º).
EQUIPOS: 1985-1996 Carreira. 1997 Asics. 1998 Ross Mary e 1999 Amica Chips.
Ningún comentario:
Publicar un comentario