xoves, 26 de marzo de 2015

EMILE DAEMS

Emile Daems naceu en Genval, Brabant (Bélgica), o 4 de abril de 1938.
Ex ciclista belga que comezou a súa carreira profesional como independente. Corredor de pequena estatura, pero hábil e moi brillante no sprint. A súa carreira foi breve, aínda que boa.

 Aínda que tradicionalmente era alérxico á montaña, gañou unha etapa do Tour de Francia de 1962 tras subir o Restefond, o Vars e o Izoard.

Unha grave caída nos Seis Días de Bruxelas de 1965 puxo fin á súa traxectoria.
Profesional de 1959 a 1966 durante os cales gañou unha Paris-Roubaix, unha Milá-San Remo e o Tour de Lombardía, ademais de dúas etapas no Xiro de Italia e catro no Tour de Francia.

Moitos anos logo da súa retirada o seu fillo Corneille Daems debuta tamén como ciclista profesional.
Logo da súa retirada do ciclismo profesional abriu un restaurante no seu Genval natal.

TRIUNFOS: 1959 vencedor da Hoeilaart.Diest-Hoeliaart.
1960 vencedor do Xiro de Lombardía, do Xiro Apenino, do Putte-Kapellen e do Tour Oeste.
1961 vencedor do Xiro a Cerdeña, do Weekend Valón, do Ath-Flobecq e do Xiro de Ticino.
1962 vencedor da Milán-San Remo, do Xiro Ticino e do Circuíto Limburgo.
1963 vencedor da Paris-Roubaix e da Bucles Roquevairoises.

1964 vencedor do Campionato Brabant.
1965 vencedor de Templeuve.
XIRO DE ITALIA: 1960 (84º, máis dúas etapas), 1962 abandonou. 
TOUR DE FRANCIA: 1960 antes de abandonar gañou unha etapa, 1962 (13º, mais tres etapas), 1963 (67º) e 1964 abandonou.
Nunca participou na Volta a España.
Outros resultados dignos de mención: 1962 segundo na Paris-Roubaix, terceiro no Campionato de Bélgica de fondo en estrada e segundo na clasificación xeral do maillot verde do Tour de Francia.
EQUIPOS: 1960-1962 Philco, 1963-1964 Peugeot-BP, 1965 Peugeot-BP-Michelin e 1966 Só-Superia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario