xoves, 10 de decembro de 2015

ARIE DEN HARTOG

Arie Dean Hartog naceu en Róterdan (Holanda), o 23 de abril de 1941.
A súa carreira profesional como ciclista iniciouse aos 15 anos no St. Raphael-Gitane o equipo de Jacques Anquetil, aínda que como profesional da bicicleta tan só estivo sete tempadas. Nese tempo  logrou triunfos de importancia, pois, sen perder a punta de velocidade que sempre caracterizou aos ciclistas holandeses, gaño carreiras importantes. Nas probas curtas por etapas tamén estaba xunto aos mellores.
Foi o primeiro ciclista holandés en gañar a Milán-San Remo.
Profesional de 1964 a 1970, durante os cales os seus triunfos máis importantes foron as vitorias no Tour de Luxemburgo en 1964, a Clásica Milán-San Remo en 1965, a Volta a Cataluña en 1966, así como a Amstel Gold Race en 1967.
Despois da súa retirada do ciclismo profesional abriu unha tenda de bicicletas en Sittard, onde vende as bicicletas que levan o seu nome.
Hoxe en día ten o seu establecemento Rijwielhuis Arie dean Hartog na localidade de Mieuwstadt (Holanda).
TRIUNFOS: 1964, vencedor da Volta a Luxemburgo, da París-Camembert, do Tour de Herault, do GP de Bélxica, da sexta etapa da Ruta do Sol e do Gran Premio Petit Vaoris.
1965, vencedor da Milán-San Remo e da Rondade Auverge.
1966, vencedor da Volta a Cataluña, dunha etapa da Volta a Bélxica e do Criterium de Hoepertingen.
1967, vencedor da Amstel Gold Race.
XIRO DE ITALIA: 1967, retírase antes de finalizar.
TOUR DE FRANCIA: 1965 (retirado), 1966 (45º), 1968 (26º) e en 1970 retírase antes de finalizar a carreira.
Outros resultados dignos de mención: 1964, cuarto na Volta a Suíza e vencedor do Premio da Montaña.
EQUIPOS: 1964, Saint-Raphael Gitane. 1965, Ford France-Gitane. 1966, Ford France-Geminiani, 1967, Bic, 1968-1969, Caballero e 1970, Caballero-Laurens.

Ningún comentario:

Publicar un comentario