xoves, 24 de decembro de 2015

PROSPER DEPREDOMME

Prosper Depredomme naceu durante a Primeira Guerra Mundial en Thovars (Bélxica), o 26 de maio de 1918. Morreu aos 69 anos en Anderlech (Bélxica), o 8 de novembro de 1987.
Foi un ciclista belga entre os mellores da súa época, que lle faltou ambición e que se rendía prematuramente.
Profesional de 1940 a 1954 durante os cales obtivo 33 vitorias, incluídas as dúas Lieja-Bastogne-Lieja.
TRIUNFOS: 1942, vencedor do Omnium da Ruta e do G. P. de Bruxelas.
1943, vencedor do GP Stad Zottegen.
1946, vencedor da Lieja-Bastogne-Lieja.
 1947, vencedor do Circuíto Campine e dunha etapa da Volta a Luxemburgo.
1950, vencedor da Lieja-Bastogna-Lieja.
Nunca participou no Xiro de Italia nin na Volta a España.
A única participación no Tour de Francia foi en 1947, retirándose antes de finalizar a carreira.
Outros resultados dignos de mención: 1940, terceiro na Waregem-Waregem e terceiro na Merelbeke-Merelbeke. 1941, segundo na Keerbergen-Keerbergen, segundo na Saint Genesius-Rode, segundo en Wichelen-Wichelen, terceiro na Ophasselt e segundo no GP Willy Teirlinck. 1942, segundo na terceira etapa da Volta a Bélxica, segundo na clasificación xeral da Volta a Bélxica e segundo na Herstal-Herstal. 1943, terceiro na primeira etapa da Omnium van de Weg, segundo na Antwerpen-Gent, segundo na Izegen e segundo na Drie Zustersteden.
1945, terceiro na Wanze-Wanze, segundo na Omloop der Vlaamse Ardennen, terceiro no Campionato Nacional de persecución en Pista, segundo na Bree-Bree, segundo na terceira etapa da Volta a Bélxica, segundo na cuarta etapa da Volta a Bélxica e terceiro no GP das Ardenas. 1947, terceiro na Omloop der Vlaamse Ardennen, terceiro na primeira etapa do Tour de Romandie, terceiro na segunda etapa do Tour de Romandie, terceiro na segunda etapa do Tour de Francia, segundo na primeira etapa do GP deas Routiers, terceiro na segunda etapa da Volta a Suíza e segundo na Louviere. 1948, segundo na Zürich-Lausanne e terceiro en GP Lausanne. 1949, segundo na Bruxelas-Bruxelas, terceiro no Campionato de Bélxica de Ciclismo de fondo na estrada e terceiro na Boortmeerbeek-Boortmeerbeek. 1950, segundo na Ardeens Weekend. 1953, segundo no GP Eugeen Roggeman e segundo na Wezembeek-Oppem.
EQUIPOS: 1940-1945 Dilecta-Wolber. 1946 Garin-Hutchinson. 1947 Brabant-Cycles Wolf-Dilecta-Garin ata o 24-06. Equipo Tour de Francia Bélxica do 25-06 ata 20-07. Brabant-Dilecta-Wolber-Garin do 21-07 ata o 31-12. 1948 Cycles Wolf-Bianchi-Dilecta-J.B. Louvet-Wolber. 1949 Bianchi-Ursus-Dilecta-Wolber-Cycles Wolf-Garin. 1950 Girardengo-Garin Wolber-Cycles Wolf-D´Alessandro. 1951 Garin-Wolber-Girardengo-Ursus. 1952-1953 Garin-Wolber. 1954 Individual (Descoñecido).

Ningún comentario:

Publicar un comentario