xoves, 10 de marzo de 2016

ARMAN DESME

ARMAN DESMET
Armand de Smet naceu en Waregem, Flandes Occidental (Bélxica), o 23 de xaneiro de 1931. Faleceu despois dunha longa enfermidade aos 81 anos o 17 de novembro de 2012 en Waregem (Bélxica).
Foi un ciclista belga, robusto especialista en carreiras por etapas e bo escalador, gregario compoñente da famosa Garda Vermella de Rik Van Looy. Foi o primeiro gañador da E3 Prijs Vlaanderen e da Rund um dean Henninger Turm.
Armand Desmet en 1960 terminou en segundo lugar tras Franz De Mulder e despois de liderar a clasificación xeral durante varios días na Volta Ciclista a España.
Irmán do ciclista Roger Desmet e pai de Tom Desmet tamén ciclista profesional entre 1991 a 2002.
Profesional de 1955 a 1967, durante os cales alcanzou o top 10 nas tres grandes voltas.
ARMAN DESMET
TRIUNFOS: 1955, vencedor da Kortemark.
1957, vencedor da Vichte e da Sijsele.
1958, vencedor da Harelbeke-Anveres-Harelbeke.
1959, vencedor da Volta a Bélxica, da Dendermonde e da Waregem.
1960, vencedor da Boortmeerbeek.
1961, vencedor dunha etapa da Volta a Bélxica e dunha etapa da París-Niza.
1962, vencedor da Henninger Turm, da Nedelbrakel, do Gran Premio de Frankfurt, da Deerlijk e dunha etapa do Xiro de Italia.
1963, vencedor da Bottelare.
1964, vencedor dunha etapa na Volta a España.
1965, vencedor da Vichte.
1966, vencedor da Ouwegem.
A familia de Arman Desmet na cerimonia do funeral,
o 24 de novembro de 2012, na igrexa de Sint-Margeretha en
Waregem (Bélxica).
1967, vencedor da Bruxelas-Bievene.
XIRO DE ITALIA: 1961, retírase, 1962, (10º, máis unha etapa). TOUR DE FRANCIA: 1958 (33º), 1959 (23º), 1960 (51º), 1962 (16º), en 1964 e 1965 retírase e en 1966 (27º).
VOLTA A ESPAÑA: 1960 (2º), 1964, antes de retirarse gaña unha etapa e en 1965 (25º).
Outros resultados dignos de mención: 1958, segundo na Volta a Bélxica e terceiro na París-Bruxelas. 1961, segundo na Volta a Bélxica e terceiro na Lieja-Bastogne-Lieja. 1962, terceiro na 1ª etapa da París-Niza e terceiro na Gante-Wevelgem. 1966, segundo na Volta a Luxemburgo. 1967, terceiro na E3 Prijs Vlaanderen.
EQUIPOS: 1955-1960 Groene Leeuw. 1961-1963 Faema-Flandria. 1964-1966 Só-Superia. 1967 Flandria-De Clerck.

Ningún comentario:

Publicar un comentario