xoves, 17 de marzo de 2016

ERIC DE VLAEMINCK

Eric Albrech De Vlaeminck naceu en Eeklo, Flandes Oriental (Bélxica), o 23 de marzo de 1945. Faleceu aos 70 anos nunha residencia de anciáns en Wilskerke (Bélxica), o 4 de decembro de 2015, tras unha longa enfermidade e sufrir os últimos anos da súa vida de Alzheimer e Parkinson.
Foi un ciclista belga alcumado “O Tolo”, rei do Ciclocrós e routier de bo valor, eterno acróbata do ciclocrós que ensinou ao seu pobo como saltar os obstáculos coa bici sobre os seus ombreiros, onde outros o facían sobre as súas bicis, tampouco temeu probar novos tipos de pneumáticos e ensinar os seus coñecementos en canto á técnica. Personaxe encantador e un home creativo pero mentalmente fráxil, que apenas podía facer fronte aos contratempos.
Despois do seu último título Mundial cando só tiña 28 anos a súa carreira foise dilúindo por problemas coas drogas e o abuso polo consumo de alcol que grazas a un inquebrantable apoio do seu irmán Roger De Vlaeminck que tamén foi ciclista profesional nunca se falou diso. Esa boa relación entre os dous irmáns foi anos máis tarde moi nubrada.
Aínda así, tras deixar o ciclismo de competición e despois dun período escuro, regresou exercendo como un adestrador de éxito da selección nacional de ciclocrós, cultivando 29 medallas en Campionatos do Mundo.
Tras os exitosos Campionatos do Mundo no seu propio país, Zolder en 2002 cun podio completo de belgas: Mario De Clercq como campión, segundo Tom Vannoppen e terceiro Sven Nys, Erick De Vlaeminck anuncio a súa retirada.
Tras esta retirada desaparecía o ciclista belga máis grande de todos os tempos do ciclocrós, pasando ao anonimato para  enfrontarse á súa enfermidade ata que perdeu  a súa loita na soidade da residencia de anciáns de Wilskerke (Bélxica).
Profesional de 1966 a 1980 durante os cales gañou 192 carreiras entre as que están os sete Campionatos do Mundo de Ciclocrós e un bronce, as catro veces Campión de Bélxica, a Volta a Bélxica e unha etapa do Tour de Francia.
En 1993, pasou momentos moi difíciles, tras a morte do seu fillo Geertn De Vlaeminck o 11 de outubro dun paro cardíaco durante unha carreira de ciclocrós en Heist op dean Berg e que el estaba a observar neses momentos. Tiña 26 anos e era o actual campión belga de afeccionados.
Na súa memoria todos os anos celébrase o GP de Ciclocrós Eric De Vlaeminck.
TRIUNFOS: 1966, Campión do mundo de Ciclocroos e vencedor da Kortenaken.
1967, Campión de Bélxica de Ciclocroos.
1968, Campión do mundo de Ciclocroos, vencedor da Templeuve, dunha etapa do Tour de Francia e do G. P. Unión Dortmund.
1969, Campión do mundo de Ciclocroos, Campión de Bélxica de Ciclocroos, vencedor dunha etapa da Volta a Bélxica, do Circuíto das Ardenas Flamencas e do Campionato de Flances.
1970, Campión do Mundo de Ciclocroos, vencedor da París-Luxemburgo e do G.P. Argovia.
1971, Campión do mundo de ciclocroos, Campión de Bélxica de ciclocroos e vencedor do G.P. Flandria-Trofeo Monsere.
1972, Campión do mundo de Ciclocroos e Campión de Bélxica de ciclocroos.
1973, Campión do Mundo de ciclocroos.
Nunca participou no Xiro de Italia.
TOUR DE FRANCIA: 1968 (51, máis unha etapa), 1970 retírase antes de finalizar a carreira, 1971 (62º).
VOLTA A ESPAÑA: Só participa na edición de 1968, retirándose antes de finalizar a carreira.
Outros resultados dignos de mención: 1969 terceiro na Gante-Wevelgem e segundo na Frecha Valona. 1970 terceiro na Volta a Bélxica e terceiro na Frecha-Valona.
EQUIPOS: 1966 Wiel´s-Gancia-Groene Leeuw. 1967-1968 Goldor-Gerka. 1969 Flandria-De Clerck-Krüger. 1970-1971 Flandria-Mars. 1972 Beaulieu-Flandria. 1973 Brooklyn. 1974 Robot-Gacelle. 1975 Brooklyn. 1976 Gios. 1977 Gios-Torino. 1978 Marc Zeepcentrale-Superia-ISC. 1979-1980 Hertekamp.

Ningún comentario:

Publicar un comentario