ALFONS DE WOLF |
Ex ciclista belga dos mellores rodadores da década dos 80, pois a súa facilidade para pedalear en solitario era asombrosa. A totalidade das súas vitorias lógrounas realizando practicamente en solitario a etapa ou proba en cuestión.
Como amateur logrou 80 vitorias, incluíndo un Campionato de Bélxica, unha París-Roubaix e un cuarto posto nos Xogos Olímpicos de 1976.
Como profesional, especializouse en clásicas dun día, aínda que a súa forza física permitíalle render ben en carreiras de maior duración. Ademais das vitorias con que conta na súa palmarés, obtivo postos de honra en grandes clásicas como a Lieja-Bastoña-Lieja ou a Amstel Gold Race.
Prevíase que fose o sucesor de Eddy Merckx e parecía que cumpría esa promesa ao gañar en 1980 o Xiro de Lombardía e en 1981 a Milán-San Remo. Case gaña en 1982 a Lieja-Bastoña-Lieja, impediullo Silvano Contini no sprint final.
Pero despois de gañar unha etapa do Tour de Francia en 1984, a súa carreira desvaneceuse.
A pesar de que gañou a Omloop Het Volk dúas veces, foi un ciclista atípico, preferindo as carreiras italianas.
Estaba a gusto en carreiras montañosas, aínda que non era un escalador impresionante.
Tras a súa retirada dedicouse a axudar á súa esposa no negocio de Pompas Fúnebres en Dworp, no sur de Bruxelas.
Profesional de 1979 a 1990 durante os cales logrou 58 vitorias.
TRIUNFOS: 1979, vencedor do Gran Premio Hamme, de cinco etapas da Volta a España e do Gran Premio Malderen.
1980, vencedor do Xiro de Lombardía, dunha etapa da Volta a Bélxica e do Trofeo Baracchi, con Jean Luc Bandenbroucke.
1981, vencedor da Milán-San Remo, do Gran Premio Malderen, do Gran Premio Templeuve, dos Seis Días de Anveres, de dúas etapas da Volta a Bélxica, de cinco etapas da Volta a España, dunha etapa do Tour de Francia, dunha etapa da Volta a Suíza, dunha etapa da Volta a Andalucía, dunha etapa da Volta a Valencia e dunha etapa da Volta a Noruega.
1982, vencedor da Het Volk, do Gran Premio de Brasschaat, dunha etapa da Volta a Bélxica e do Gran Premio Kaimthout.
1983, vencedor da Het Volk, do Gran Premio Eddy Merckx, da Copa Agostini, do Xiro de Toscana, de unha etapa da Semana Catalá e do Xiro de Romagna.
1984, vencedor da Copa Londerzee, dunha etapa do Tour de Francia, dunha etapa do Tour de Romandía e dunha etapa da Romagna.
1985, vencedor dunha etapa da Volta a España e dunha etapa da Volta a Valencia.
XIRO DE ITALIA: 1983 (49º) E 1986 (38º).
TOUR DE FRANCIA: 1981 (11º), 1982 (31º), 1985 retírase, 1988 (102º) e 1989 retírase.
VOLTA A ESPAÑA: 1979 (10º, máis cinco etapas e o Premio da Regularidade) e 1985 (81º, máis unha etapa).
Outros resultados dignos de mención: 1979, terceiro na Volta a Bélxica. 1980, segundo na Amstel Gold Race, segundo na Gante-Wevelgem e segundo no Trofeo Superprestigio. 1981, terceiro na Amstel Gold Race, terceiro na París-Niza, terceiro na Gante-Wevelgem e terceiro no Gran Premio Eddy Merckx. 1982, terceiro no Campionato de Bélxica de fondo na estrada, segundo na Lieja-Bastoña-Lieja e terceiro na París-Tours. 1989, terceiro no Campionato de Bélxica de fondo na estrada.
EQUIPOS: 1979-1980 Lano-Boule d´OR-Colnago. 1981-1982 Vermeer
Thus-Gios. 1983 Bianchi. 1984 Europ-Decor- Boule d´OR. 1985 Fagor. 1986 Skala-Skil. 1987-1988 ADR-MBK-IOC Auto Soud. 1999 ADR Santini.
Ningún comentario:
Publicar un comentario