xoves, 14 de abril de 2016

RONALD DE WITTE

RONALD DE WITTE
Ronald De Witte naceu en Wilrijk, Anveres (Bélxica), o 21 de outubro de 1946.
Foi un ciclista belga moi completo, bo gregario e que tras a súa retirada do ciclismo profesional foi director deportivo con éxito pero por pouco tempo.
Profesional de 1969 a 1982, durante os cales foi gregario de Francesco Moser e Roger De Vlaeminck.
TRIUNFOS: 1969, vencedor da Bruxelas-Bievene e do G. P. Fourmies.
1971, vencedor dunha etapa da París-Niza.
1972, vencedor do Circuíto Brabant.
1974, vencedor dunha etapa do Tour de Francia.
1975, vencedor do G. P. Escaut e dunha etapa do Tour de Francia.
1976, vencedor do Tours-Versalles, dunha etapa do Xiro de Sardeña, dunha etapa da Volta a Cataluña e dunha etapa do Xiro de Italia.
1977, vencedor dunha etapa da Volta a Bélxica.
1979, vencedor dunha etapa do Tour de Romandía.
XIRO DE ITALIA: 1976 (antes de retirarse gaña unha etapa), 1977 (6º), 1978 (6º), 1979 (17º) e 1980 (21º).
TOUR DE FRANCIA: En 1969 retírase na 17ª etapa, 1970 (43º), 1972 (31º), 1973 (24º), 1974 (25º, máis unha etapa), 1975 (37º, máis unha etapa), 1976 (18º), 1981 (62º) e 1982 (63º).
VOLTA A ESPAÑA: 1971 (29º).
Outros resultados dignos de mención: 1969, segundo na 1ª etapa da Dauphiné Libérè, segundo na Stabroek, segundo na 9ª etapa de Róldea van Zwitseland, terceiro na Rummen e segundo na Kampioenschap van Vlaanderen.
1970, segundo na Haasdono-Vlananderen, terceiro no G.P. d´Isbergues, segundo na Stabroek e segundo no Crietium de Derny.
1971, terceiro na Heist-op-dean-Berg, segundo no G.P. E5, terceiro na 4ª etapa de la Vuelta a Luxemburgo, segundo na Wuustwezel, terceiro na Oost-Vlaanderen, segundo no G.P. Stad Antwerpen.
RONALD DE WITTE
1972, terceiro na Drongen.
1973, terceiro na Bilzen, segundo na Boulogne-sur-Mer, segundo na Brasschaat, segundo na Oost-Vlaanderen, segundo no Criterium de Sint.Niklaas, terceiro na 1ª etapa del Tour de l´Oise, segundo na Zomergem e segundo na Omloop van West-Brabant.
1974, segundo na 4ª etapa da Midi Libre, terceiro na Nokere Koerse, segundo na A Traves de Flandes, segundo na clasificación xeral final do Tour de Bélxica, segundo na 8ª etapa do Tour de Francia, segundo na 18ª etapa do Tour de Francia, segundo na Rijmenam e segundo na Vielsalm.
1975, segundo na Omloop Leiedal, segundo na Brasschaat, terceiro no Criterium de Sint-Niklaas, segundo no Criterium José Samyn, terceiro na Oomlop vanWest -Brabant
EQUIPOS: 1968-1970 Mann-Grundig 1971-1972 Peugeot-BP-Michelin. 1973 Flandria-Carpenter. 1974-1975 Carpenter-Confortuxe. 1976-1977 Brooklyn. 1978-1980 Sandon. 1981 Boule d´Or-Colnago. 1982 Capri Sonne.

Ningún comentario:

Publicar un comentario