xoves, 6 de outubro de 2016

EVERT DOLMAN

Evert Dolman Gerardus naceu en Róterdan (Holanda), o 22 de febreiro de 1946. Faleceu por mor das consecuencias dunha enfermidade terrible e degradante, nun fogar de anciáns aos 47 anos en Dordrecht (Holanda) o 12 de maio de 1993.
Foi un ciclista neerlandés, que comezou no ciclismo á idade de 13 anos, moi brillante amateur, campión olímpico nos 100 km contra reloxo por equipos en 1964 xunto aos seus compatriotas Gerben Karstens, Jan Pietersen e Bart Zoet en Tokio (Xapón).
Como amateur tamén se proclamou campión do mundo de ciclismo en ruta en 1966.
No Campionato de Holanda de 1967, despois de quedar primeiro foi desposuído do título ao ser acusado de dopaxe tras confesar que manipulara as botellas de mexos, xa anteriormente fora sospeitoso de utilizar wekaminen, medicamento que estaba incluído na listaxe prohibida no grupo das anfetaminas, pero unha receita médica indicada  para pingas nasais, declaroulle libre de dopaxe.
Anos despois dixo nunha entrevista á revista holandesa Wielerrevne que a súa carreira deportiva fora socavada polo consumo de drogas, o que describiu como a caza de bruxas levada a cabo contra el nos primeiros anos da década dos 60.
Profesional entre 1967 a 1973, durante os cales logrou once vitorias e cuxos maiores éxitos deportivos logrounos na Volta a España ao obter un triunfo de etapa na edición de 1967 e no Tour de Flandes onde se impoñería en 1971.
Foi gregario de luxo de Jan Janssen.
 TRIUNFOS: 1967, vencedor da 6ª etapa da Volta a España.
1968 Campión de Holanda de ciclismo en ruta, vencedor da Goirle e da Ulestraten.
1969, vencedor do G. P. de Mónaco, da Mijl van Mares e dunha etapa no Tour de Luxemburgo.
1970, vencedor da Kortenhoef e dunha etapa na Volta a Andalucía.
1971, vencedor do Tour de Flandes.
Nunca participou no Xiro de Italia.
TOUR DE FRANCIA: 1968 (56º), 1969 (49º), 1970 (32º) e 1972 (83º).
VOLTA A ESPAÑA: 1967 (54º, máis unha etapa), 1969 (30º) e 1971 (36º).
Outros resultados dignos de mención: 1969, segundo no Campionato dos Paises Baixos de ciclismo en ruta.
EQUIPOS: 1967 Televizier Batavus. 1968 Smith. 1969 Willen II Gazelle. 1970 Flandria Marte. 1971 Flandria Beaulieu. 1972 e 1973 Kela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario