xoves, 11 de maio de 2017

ANTONIO ESPARZA

Antonio Esparza Sanz naceu en Sabadell, Barcelona (España), o 1 de xaneiro de 1962.
Foi un ciclista español, gran corredor de equipo e especialista en clasificacións secundarias. Defendíase ben en todos os terreos aínda que non destacaba en ningún.
Profesional de 1985 a 1992 durante os cales os seus maiores éxitos deportivos logrounos na Volta a España onde conseguiu  dúas vitorias de etapas na edición de 1987. Na Volta a España de 1992, foi o vencedor da clasificación de metas volantes.
O seu irmán maior Manuel Esparza tamén foi ciclista profesional.
TRIUNFOS: 1985, vencedor do Circuíto de Güecho e dunha etapas da Volta a Galicia.
1986, vencedor do Trofeo Masferrer e do Criterium de Tarrasa.
1987, vencedor de dúas etapas da Volta a España e dunha etapa na Volta aos Vales Mineiros.
1988, vencedor do Criterium de Tarrasa.
1989, vencedor do Trofeo Canto Arroio e dunha etapa da Volta a Levante.
1990, vencedor do Trofeo de Canto Arroio.
Nunca participou no Xiro de Italia.
TOUR DE FRANCIA: 1986 (26º).
VOLTA A ESPAÑA: en 1970 retírouse antes de finalizar, 1987, antes de abandoar gaña dúas etapas, 1988 (89º), 1990 (111º).
EQUIPOS: 1984-1985 Kelme, 1986 Seat-Orbea, 1987-1988 Caixa Rural-Seat, 1989 Helios-C.R., 1990 Puertas Mavisa, 1991-1992 Wigarma.

Ningún comentario:

Publicar un comentario