xoves, 25 de maio de 2017

PIERRE EVERAERT

Pierre Everaert naceu en Quaedypre, Norte (Francia), o 21 de decembro de 1933. Faleceu aos 55 anos en Lille (Francia), o 26 de maio de 1989.

Foi un ciclista francés, aceptable amateur e profesional, moi adecuado para carreiras en liña, na súa época foi un bo gregario, logo efímero director deportivo.

Subiu ao podio en dous das importantes clásicas das Ardenas, a Fleche Valogna en 1958 e na Lieja-Bastogne-Lieja en 1960.

Participou en oito edicións consecutivas do Tour de Francia e aínda que tentou en varias ocasións gañar unha etapa, nunca o conseguiu.

Profesional de 1957 a 1966, durante os cales conseguiu 22 vitorias, sendo as máis destacadas dúas etapas da París-Niza e a París-Bruxelas. En 1959 quedou cuarto na clasificación xeral final da Volta a España que gañou Antonio Suarez, quedando a tan só 44 segundos de subir ao podio.

Foi compañeiro de Jacques Anquetil no equipo de Francia que participou no Tour de 1959 e 1961.

En 1966 axudou a gañar a Lucien Aimar o Tour de Francia, aínda que el non o terminou.

TRIUNFOS: 1957, vencedor do Critérium de Boulogne sur Mer, do Critérium de Aniche, do Circuíto de Pévéle, do Critérium de Watten, da Goegnies a Chausée e dunha etapa do Tour de Normandía.

1958, vencedor da Saint-Nazaire e dunha etapa do Tour do Oeste.

1959, vencedor da Polibretón, da Bubry, dunha etapa do Tour do Oeste e de dúas etapas da París-Niza.

1960, vencedor da París-Bruxelas, dunha etapa da Volta a Alemaña, dunha etapa da Bicicleta Eibarresa e do Circuíto de Porto Dunkerque.

1963, vencedor da clasificación por puntos dos Catro Días de Dunkerque, dunha etapa do Critérium do Dauphiné e dunha etapa da Volta a Levante.

1965, vencedor da París-Camenbert.

XIRO DE ITALIA: 1958 (55º), 1964 (36º), e 1966 (68º).

TOUR DE FRANCIA: 1959, abandona na 13ª etapa, 1960 (32º), 1961 (68º), 1962 (60º), 1963 (63º), 1964 (63º), en 1965 abandona na 10ª etapa e 1966 abandona na 16ª etapa.

VOLTA A ESPAÑA: 1959 (4º).

Outros resultados dignos de mención: 1957, segundo nos Catro Días de Dunkerque. 1958, terceiro no Tour de Picardie. 1960, segundo na Lieja-Bastogne-Lieja e terceiro nos Catro Días de Dunkerque. 1965, segundo nos Catro Días de Dunkerque.

EQUIPOS: 1957-1958 Ryssel-Wolber. 1959-1961 Saint-Raphael-R. Geminiani-Dunlop. 1962 Saint-Raphael-Hutchinson. 1963-1964 Saint-Raphael-Gitane. 1965 Ford France-Gitane e 1966 Ford France-Geminiani.

Ningún comentario:

Publicar un comentario