xoves, 11 de outubro de 2018

CARLO GALETTI

Carlo Galetti alcumado "a ardilla do Navigli", naceu en Corsico, Milano (Italia), o 26 de agosto de 1882. Faleceu en Milano, Lombardia (Italia) aos 66 anos o 2 de abril de 1949.
Foi un ciclista italiano, pequeno, forte, astuto como poucos e especialista en carreiras por etapas, o mellor da época, xunto con Ganna.
Galetti foi 2º na primeira edición do Xiro de Italia e vencedor na clasificación xeral das tres edicións seguintes, sendo o primeiro ciclista en alcanzar tres triunfos na carreira italiana.
O triunfo no Xiro de Italia de 1912, gañouno Galetti debido a que se atopaba no equipo Atala xunto a Luigi Ganna que non terminou a carreira, Giovanni Michelotto e Eberardo Pavesi xa que aquel ano os organizadores variaron as normas.
Galetti cinguiuse practicamente por completo a competicións disputadas no seu país. A pesar de non lograr apuntar outras grandes carreiras na súa palmarés, logrou postos de honra en moitas das máis importantes carreiras italianas. No Xiro de Lombardía chegou a ser 2º (1906), 3º, 4º e 5º; na Milán-San Remo tamén foi 2º (1914), dúas veces 4º e dúas veces 5º; e no Campionato de Italia de fondo na estrada, chegou a terminar 2º (1908) e dúas veces 4º.
Con 48 anos participou e termino a Milán-San Remo en 1931, Tamen foi o gañador de tres Xiros de Italia.
 Profesional de 1905 a 1931 durante os cales logrou 39 vitorias, destacando entre elas os tres Xiros de Italia.
Despois da súa retirada do ciclismo profesional, decidiu abandonar o mundo do ciclismo e dedicarse á actividade de tipógrafo, fundando Galetti Graphic Arts en Milán.
Con todo, o seu nome aínda está presente hoxe en día nunha contorna de ciclismo: en 1920, a marca Galetti naceu en Milán grazas a unha pequena compañía de bicicletas que continuou a súa actividade ata a segunda gran guerra. En 1952, a familia Alessi de Rossano Veneto adquiriu a marca , que, novamente, de maneira tradicional, fíxose cargo da produción dos antigos modelos de bicicleta que a marca xa propuxera anteriormente. Hoxe en día, a empresa Nuova Galetti srl continúa a historia da marca Galetti producindo varios tipos de bicicletas, como bicicletas de montaña, bicicletas de cidade, bicicletas de trekking e para nenos.
TRIUNFOS: 1905, vencedor da Volta a Brianzola.
1906, vencedor da Milán-Roma, da Roma-Nápoles-Roma, do Circuíto de Provenza, da Carreira Nacional A Gazzetta e da Lissone-Monza-Lisson.
1907, vencedor da Milán-Roma e do Xiro de Sicilia.
1908, vencedor do Xiro de Sicilia, da Volta Victor Manuel III e da Copa Tradate.
1910, vencedor do Xiro de Italia, máis dúas etapas e das Tres Copas Parabiagio.
1911, vencedor do Xiro de Italia, máis tres etapas, da Milán-Roma e das Tres Copas Parabiagio.
1912, vencedor do Xiro de Italia e a clasificación xeral por equipos.
1918, vencedor da Milán-Roma.
1919, vencedor do Campionato de Italia de Semifondo.
 XIRO DE ITALIA: 1909 (2º), 1910 (1º, máis dúas etapas), 1911 (1º, máis 3etapas) 1912 (1º), 1913 abandonou na 4ª etapa, 1914 retírase na 1ª etapa, 1919 abandona na 1ª etapa e en 1921 retírase na 6ª etapa.
TOUR DE FRANCIA: Participou nas edicións de 1907 abandonando na 6ª etapa, 1908 retírase na 4ª etapa e en 1909, abandona na 3ª etapa.
Nunca participou na Volta a España.
Outros resultados dignos de mención: 1906, segundo no Xiro de Lombardía. 1908, segundo no Campionato de Italia de fondo na estrada. 1911, segundo na Roma-Nápoles-Roma. 1914, segundo na Milán-San Remo e en 1918 terceiro no Xiro de Lombardía.
EQUIPOS: 1906-1907 Rudge Whitworth OTAV. 1908 Alcyon-Dunlop-Atala. 1909 Legnano-Rudge-Whitworth-Pirelli.1910 Atala-Dunlop-Medusa. 1911 Bianchi. 1912 Atala-Dunlop-Senior-Polack. 1913 Legnano. 1915-1917 Individual. 1918-1921 Legnano. 1922-1931 Individual.

Ningún comentario:

Publicar un comentario