xoves, 24 de maio de 2012

BENONI BEHEYT.

BENONI BEHEYT
 Benoni Beheyt, naceu en Zwijnaarde (Bélxica), o 27 de setembro de 1940.
Ex ciclista profesional belga, rodador mui valioso, rapidísimo ao sprint e espléndido atleta, alcanzou a fama cando venciu ao seu compatriota Rick Van Looy nos Mundiais de Renaix en 1963. Aquela vitoria marcou a súa carreira, e seguramente lla acurtou, porque non só dividiu á afección belga en dúas frontes enconadamente opostos senón que ata foi acusado de traidor.
O director deportivo do equipo belga decidira que todo o equipo traballase para Van Looy, pero Benoni Beheyt ao verse con opcións de triunfo rompe ese pacto e bate ao sprint ao seu xefe de equipo. A pesar de este triunfo a súa carreira vese truncada a tras seis anos como profesional decide retirarse cando só tíña 26 anos.
Antes de pasar ao profesionalismo logrou 190 vitorias, entre as que figuran o Campionato de Bélxica Militar en Ruta e o Campionato belga á americana con Rabaye ambas en 1960.
Profesional de 1962 a 1966, durante os cales consiguiu 22 vitorias.
O seu fillo, Kurt Van Keirsbulck tamén tivo unha breve carreira como ciclista, chegando a gañar como junior o Tour de Flandes. Hoxe o seu neto Guillaume Van Keirsbulck corre co equipo Quic Step.
BENANI BEHEYT, en la actualidad
TRIUNFOS: 1962 Bruxelas-Ingooingen e a Erenbodegem.
1963 Campionato do Mundo en Ruta, a Gante-Wevelgem, a Amberes-Ougrée, o Tour de Wallonie e o Gran Premio Fournier.
1964 Volta a Bélxica.
1965 Circuito do Flandes Central.
Nunca participou no Xiro de Italia nin na Volta a España.
TOUR DE FRANCIA: 1963 (49º), 1964 (41º, máis unha etapa), 1965 (30º).
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: Volta a Bélxica, 1962 (14º), 1963 (25º) 1965 (30º).
1962 terceiro na París-Tours.
1964 segundo na París-Roubaix, terceiro na París-Bruxelas e segundo na Volta a Flandes.
EQUIPOS: 1962-1966 Wiels-Geen Lion. 1967 Tibetano-Pullover Central. 1968 Pullover Celtral-Motte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario