venres, 11 de maio de 2012

GIUSEPPE BEGHETTO

GIUSEPPE BEGHETTO
Giuseppe Beghetto, naceu en Tombolo (Italia, o 8 de outubro de 1939.
Foi un ciclista italiano, campión do mundo de ciclismo en pista nos anos 1965, 1966 e 1968. Conseguindo en 1967 a medalla de prata.
Dotado especialmente como sprinter, aventurouse tamén nas probas de estrada ata o punto de correr un Tour de Francia, aínda que non logrou terminar a carreira, tamén logrou gañar etapas na Volta a Sardeña e na Tirreno-Adriatico. Pero hay que recoñecer que o seu paso po lo ciclismo de estrada, non foi o exitoso que lle houbese gustado.
Como afeccionado gañou nove titulos nacionais: o Campionato de Italia na estrada para debutantes en 1955, o de juniors en 1956, ao sprint en 1956, 1957 e 1961, o do quilómetro en 1958 e 1962 e o de tandem en 1961 e 1962. Nesta especialidade logrou tamén o título Olímpico en 1960 con Bianchetto.
 O 7 de xuño de 1959 en Viporelli logrou a marca mundial amater do quilómetro, saida parada, deixándoo en 1´08´´40, o 5 de novembro de 1960 no Palazzo de Mílan nos 200 metros lanzado, estableceu un novo record mundial deixándoo en 11´´40 e en 1961 adxudicouse, igualmente o Gran Premio de París.
Na Olimpiada de 1960 gañou o ouro en tándem con Sergio Bianchetto.
En 1965 en San Sebastián (España), proclamouse Campión  do Mundo de Velocidade, en 1966 en Frakfurt repetiu triunfo o mesmo que en 1968 en Roma.
Os anos 1967, 1968 e 1969 foi Campión de Italia de Velocidade.
En 1968 gañou o Gran Premio de París e en Bruselas en 1966 gañou o Gran Premio do Rei.
Nunca participou no Xiro de Italia nin na Volta a España.
En 1970 tomou a saída no Tour de Francia pero retirouse antes de finalizar.
Hoxe a ídade de 73 anos vive os éxitos do seu fillo Massimo Beghetto, xugador de futbol que en 1997 co equipo italiano Vicenza conquistou a Copa de Italia.
EQUIPOS: 1962-1966 Termozeta. 1967 Ignis. 1968 Vittadello. 1969-1970 Ferreti. 1971-1972 Zonca e 1973 Supermercato Calzature.

Ningún comentario:

Publicar un comentario