GIOVANNI BATTAGLIN |
Foi un ciclista italiano, que ocupou un lugar destacado na historia da Volta a España, pois moi poucos foron os ciclistas que na súa primeira participación lograron a victoria absoluta.
Battaglin, ata 1981, ano no que logrou a Vota a España e Xiro de Italia, non pasara de ser un bo gregario, ainda que no seu palmarés había xa un bo número de probas dun día.
Foi profesional entre 1973 e 1984. Gañando o Xiro de Italia e a Volta a España en 1981. No Tour de Francia, o seu mellor resultado foi o sexto lugar logrado en 1979.
Na súa primeira participación no Xiro de Italia de 1973 con 21 anos, Battaglin sorprendeu ao mundo do ciclismo, terminando terceiro na clasificación xeral por detrás de Eddy Merckx e Felice Gimondi. Na edición de 1975 luciu a maglia rosa durante cinco días. No Xiro de 1980 volveu terminar terceiro por detrás de Bernard Hinault e Wladimiro Panizza.
Ao ano seguinte, na decima etapa da Volta Ciclista a España con final en Sierra Nevada, Battaglin vence, consiguindo vestirse de líder e aínda que Pedro Muñoz, única ameaza para quitarlle o liderazgo, o italiano coa axuda do seu equipo resistiu o desafío do español. Só tres días despois, comenzou o Xiro de Italia onde Giovanni Battaglin volveu inporse a todos os seus rivais. Sendo o segundo ciclista logo de Eddy Merckx en gañar no mesmo ano Xiro e Volta en só un espazo de mes e medio.
GIOVANNI BATAGLIN, luciendo la Maglia Rosa del Giro de Italia. |
TRIUNFOS: 1973.- Xiro de Lazio.
1974.- Xiro dos Apeninos.
1975.- Volta de Plugia e a Copa Sabatini.
1977.- Gran Premio de Montelupo.
1978.- Coppa Bernocchi.
1979.- Volta ao Pais Vasco, Copa Agostini, Xiro Reggio Calabria, Trofeo Matteotti, Trofeo Pantalica e Copa Placci.
1980.- Copa Placci, Gran Premio de Viñola e a Milán-Turin.
1981.- Volta a España e Xiro de Italia.
XIRO DE ITALIA: 1973 (3º), 1974 (6º), 1975 (18º, máis duas etapas), 1976 e 1978 retirase, 1980 (3º, máis unha etapa), 1981 (1º, máis unha etapa) e 1984 (50º).
TOUR DE FRANCIA: 1975 Tense que retirar, pero antes gaña unha etapa, 1979 (6º e o premio da montaña), 1982 e 1984 retirase.
VOLTA A ESPAÑA: Só participa unha vez en 1981, gañando a xeneral final e unha etapa.
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 1975 Unha etapa da Volta a Cataluña. 1978 Tres etapas da Volta a Suiza. 1979 Unha etapa da Volta a Suiza, 3º no Xiro de Lombardia, 2º no Campionato de Italia de fondo na estrada e dúas etapas na Volta ao País Vasco. 1980 e 1983 2º no Campionato de Italia de fondo na estrada.
EQUIPOS: 1973-1977 Jollyceramica. 1978-1983 Inoxpran. 1984 Carrera-Inoxpran.
Ningún comentario:
Publicar un comentario