xoves, 22 de novembro de 2012

ALBERT BLATTMANN

ALBERT BLATTMANN

Albert Blattmann, naceu en Tramelan, Zúric, (Suíza), o 8 de setembro de 1904. Faleceu aos 62 anos o 19 de maio de 1967 en Berna (Suíza).
Na súa época de afeccionado proclamouse campión de Suíza de montaña (1923), de fondo na estrada (1924) e gañou a Volta ao Noroeste (1925), distinguíndose sempre como un ciclista forte, animoso e completo que tamén brillou nas súas incursións no ciclocrós, en cuxa especialidade foi campión de Suíza en 1924.
Profesional entre 1926 e 1931.
TRIUNFOS: 1926, o campionato de Zúric, a Zúric-A Chaux de Fonds e a Volta ao Noroeste.
1927, a Rund-Leipzig.
1928, o Campionato de Suíza.
1930, a Neuenberger-Rund.
Nunca participou en ningunha das tres grandes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario