xoves, 29 de novembro de 2012

WALTER BLATTMANN

WALTER BLATTMANN

Walter Blattmann, naceu en Zúric (Suíza) o 10 de xuño de 1910.
Irmán de Albert, tivo un tráxico fin ao morrer o 1 de outubro de 1965 con tan só 55 anos no transcurso dunha excursión cicloturística que terminou conmovendo aos afeccionados helvéticos, posto que transcorreron varios días ata que atoparon o seu corpo xa sen vida. Foi un ciclista de etapas de gran regularidade e, como afeccionado, gañou o Campionato de Suíza de debutantes en 1927.
Profesional de 1932 a 1939.
TRIUNFOS: 1933.- Campenato de Suíza de Ciclocrós e Campionato de Zúric de fondo na estrada.
1934.- A Volta ao Lago Lemán e a Volta ao Noroeste.
Só participo na edición do Xiro de Italia de 1932 téndose que retirar antes do final.
TOUR DE FRANCIA: 1933 (30º) e en 1934 retírase.
VOLTA A EspaÑA: 1935 (9º).
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: Volta a Suíza.- 1933 (9º), 1934 (16º), 1935 (20º), 1936 (4º), 1937 (3º) e en 1938 (14º).
EQUIPOS: 1932.- Colin-Wolber (Bélxica). 1933.- Colin-Wolber (Francia). 1934-1937.- Individual. 1938-1939 Adler (Alemaña).

Ningún comentario:

Publicar un comentario