xoves, 1 de novembro de 2012

ARMAND BLANCHONNET

ARMAND BLANCHONNET

Armand Blanchonnet, naceu en Gipsy (Francia), o 23 de decembro de 1903. Foi un ciclista francés cunha extraordinaria clase e admirable elegancia que unidos aos seus numerosos triunfos na pista, valéronlle o sobrenome de “O fenómeno”. Pero a súa carreira foi curta e, ao final, como profesional decepcionante, a pesar dos seus fulgurantes comezos como amateur, en cuxa categoría foi Campión Olímpico na estrada contrarreloxo, medalla de bronce no Mundial en ruta e Campión Militar de Francia de fondo en 1924, logo de haberse adxudicado dúas tempadas antes a París-Evreux. E en 1926 gañou a París-Orleans e o Campionato de París.
Cando Armand Blanchonnet gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Paris en 1924, a carreira foi moi distinta ao que é hoxe, xa que os ciclistas levaban as súas propias subministracións, incluíndo cámaras de aire, neumáticos, a comida e a auga necesaria para unha carreira que duraría máis de seis horas e outros utensilios adicionais para o que puidese ocorrer no transcurso da carreira.
Os ciclistas tiñan que enfrontarse a obstáculos inusuais na actualidade, tales como cruzar as vías do tren, xa que os trens funcionaban normalmente, polo que cruzar a vía podería significar contratempos mortais, pero non arriscarse obrigaba a ter que esperar mentres o tren pasaba.
Profesional desde 1929 a 1935.
Morreu aos 63 anos en Cernay-a-Ville (Francia) o 17 de setembro de 1968.
TRIUNFOS: 1930.- Os Seis Días de París, con Charles Pelisssier e Harry Horan. 1931.- O Campionato de Francia contra reloxo e a Rambouillet-Prezo. 1932.- Os Seis Días de Marsella, con Piet Van Kempen.
Nunca participo nas tres grandes volta.
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 1929.- 2º no Criterium dos Alpes.
EQUIPOS: 1929-1930.- Individual. 1931.- Louis Clément. 1932.- Lutetia-Wolber. 1933.- Génial Lucifer-Hutchinson. 1934.- Individual.

Ningún comentario:

Publicar un comentario