GIOVANI BRUNERO |
Giovani Giuseppe Brunero naceu en San Maurizio Canavese (Italia), o 13 de marzo de 1895. Debido á mala saúde faleceu aos 39 anos en Cirié, o 23 de novembro de 1934.
Foi un dos rivais de Constante Girandengo e destacou como bo rodador e mellor escalador. Como afeccionado adxudicouse a Copa do Rei de 1919 e o Campionato de Italia do mesmo ano. E como profesional gañou tres Xiros de Italia.
Profesional de 1920 a 1929, durante os cales foi un dos dominadores do Xiro de Italia, gañándoo nas edicións de 1921,1922 e 1926, sendo 2º en 1923 e 1927 e 3º en 1925.
Non rendeu tan ben, no Tour de Francia, onde só logrou un triunfo de etapa en 1924.
TRIUNFOS: 1919, a Volta a Italia Meridional.
1920, a Volta á Emilia, batendo a Gaetano Belloni e Constante Girardengo.
1921, a Volta ao Piamonte.
1922, a Milán-San Remo e a Volta á provincia de Milán (con Belloni).
1923, a Volta á provincia de Milán (con Girardengo), a Volta a Romagna e a Volta a Lombardia.
1924, a Volta á provincia de Milán (con Aimo) e a Volta a Lomabardia.
1926, a Volta á provincia de Milán (con Binda).
XIRO DE ITALIA: 1921, (1º, máis a septima etapa. 1922, (1º, máis tres etapas), 1923, (2º), 1925, (3º, máis unha etapa), 1926, (1º, máis unha etapa), 1927, (2º, máis a decimoterceira etapa) e 1928 (9º).
TOUR DE FRANCIA: En 1924 tense que retirar, pero antes gaña a décima etapa.
Nunca participou na Volta a España.
EQUIPOS: 1919-1927, Legnano. 1928, Wolsit-Pirelli-Legnano. 1929, Legnano.

Ningún comentario:
Publicar un comentario