xoves, 19 de setembro de 2013

HERNAN BUENAHORA

HERNAN BUENAHORA
Hernán Buenahora Gutiérrez, naceu en Barichara (Colombia), o 18 de marzo de 1967. Foi un ciclista colombiano, alcumado o Cabrito de Barichara, sendo profesional desde 1990 a 2004.
Gran parte da súa carreira deportiva realizouna en España xa que logo de debutar como profesional no Café de Colombia, foi fichado polo Kelme onde estivo 8 anos e posteriormente continuou no Vitalicio Seguros.
Participou nas tres grandes, disputando 6 Xiros de Italia, 6 Tour de Francia e 5 Voltas a España.
O seu último equipo profesional foi o Cafés Baqué onde en 2004 logrou a clasificación xeral final do Clásico RCN que ese ano deixou de ser oficial.
En outubro de 2008 foi suspendido dous anos tras dar positivo por afedrina nun control antidopaje da Volta a Colombia dese mesmo ano, na que terminou segundo. A súa sanción acabou o 25 de maio do 2010.
Retirouse en outubro de 2011, para asumir como director deportivo do equipo Colombia-Coldeportes.
Tras deixar o ciclismo profesional seguiu obtendo bos resultados en carreiras abertas a ciclistas non profesionais con vitoria no Clásico Ciclístico Banfoandes en 2006 e na Volta ao Táchira en 2007.
Hernán Buenahora, iniciou o seu exitosa carreira deportiva cando aínda non cumpría os dezaoito anos de idade, tendo posteriormente a oportunidade de correr nos mellores equipos colombianos e europeos. Tras 26 anos dedicados en corpo e alma ao ciclismo, 24 deles como profesional, tomou a decisión de dicir adeus ás competicións de ciclismo como corredor activo.
TRIUNFOS: 1995, Trofeo da combatividad do Tour de Francia.
1998, Volta a Cataluña, máis dúas etapas.
1999, unha etapa do Clasico RCN.
2001, Volta a Colombia, máis catro etapas.
2002, Trofeo Poggiridenti.
2005, unha etapa da Volta a Colombia.
2006, Clásico Ciclístico Banfoandes, unha etapa da Volta ao Táchira e unha etapa da Volta a Colombia.
2007, Volta ao Táchira, máis dúas etapas.
2008, dúas etapas da Volta a Colombia.
XIRO DE ITALIA: 1995, (18º), 1996, (11º), 1998, (27º), 1999, (15º), 2000, (6º) e 2001, (13º).
TOUR DE FRANCIA: 1994, (18º), 1995, (10º), 1997, (22º), 1998, abandonou e 1999, (60º).
VOLTA A ESPAÑA: 1991, abandonou, 1992, (17º), 1993, (13º), 1996, abandonou e 2004, (32º).
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 2007, segundo no UCI América Tour.
EQUIPOS: 1990, Café de Colombia, 1991-1997, Kelme, 1998-1999, Vitalicio Seguros, 2000, Aguardiente Néctar-Sele Italia, 2001, Sele Italia-Pacific, 2002, Cage Maglierie-Olmo, 2003, Labarca 2-Café Baqué, 2004, Cafés Baqué, 2006-2007, Alcaldia de Cabimas, 2008, Lotería de Boyaca, 2010, Panachi Liga de Santander e 2011, GW Shimano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario