PAOLO BETTINI |
Foi un ciclista italiano alcumado "O Grilo". Profesional de 1997 a 2008 durante os cales foi considerado un dos mellores ciclistas de comenzo de seculo. Casicómano de raza, era apreciado no pelotón pola sua casta, temple, intelixencia e forza nas carreiras. Dotado dun palmarés máis reducido que o doutros grandes especialistas en
canto a calidade, os seus triunfos están sempre dotados de gran prestixio e espectaculo.
A súa primeira bicicleta consistiu nun cadro de segunda man, que o seu pai Giuliano pintou de naranxa, completado con compoñentes doutra bicicletas.
Comenzou no ciclismo con 7 anos, por influencia do seu irman colleitando todo tipo de vitorias en carreiras para nenos e repaces, gañando 23 das 24 primeiras carreiras. En 1996, clasificouse cuarto nos mundiais para afecionados e ao ano seguinte pasa a ser profesional co equipo MG-Technogym. Ao ano seguinte muda para o Asics-CGA, e ao outro ano para Mapei, onde militará tres anos. É con este conxunto co que consegue a súa primeira vitoria como profesional.
En 2000 consegue a súa única vitoria no Tour de Francia e a súa primeira clásica, a Liege-Bastogne-Liege. Ao ano seguinte consegue o subcampionato de mundo en estrada, antes de trocar para o equipo belga de Quick-Step.
Gañou tres veces consecutivas a Copa do Mundo de Ciclismo (2002, 2003 e 2004), de xeito que é o único ciclista que conseguiu tal mérito. O 14 de agosto de 2004 gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Atenas na proba de ciclismo en ruta masculina.
En 2006 conseguiu o titulo mundial de ciclismo en estrada, ademáis do titulo italiano, que xa obtivera por primeira vez en 2003.
A súa mellor tempada foi a do 2003, ano no cal gañou a Milan-San Remo, a HEW Cyclassics e a Clásica de San Sebastin.
Deixou o ciclismo profesional tralo Mundial de Varese de 2008. Trala sua retirada, en marzo do 2010, trala morte de Franco Ballerini, converteuse no novo seleccionador de Italia de ciclismo.
O 4 de decembro de 2009 anunciouse que estaba sendo investigado polas autoridades italianas por unha suposta evasión fiscal de 11 millóns de euros.
TRIUNFOS: 1998, primeira vitoria como profesional ao impoñerse na 4ª etapa do Tou de Romandia.
1999, dirixido por Patrick Lefevere gaña unha etapa da Tirreno-Adriatico e o Xiro da Provincia de Lucca, carreira que se disputaba por primeira vez ese ano.
2000, Lieja-Bastogne-Lieja e Trofeo Cala Rajada da Challenger Volta a Mallorca.
2001, Campionato de Zúrich, Coppa Placci e dúas etapas do Tour de Langkawi.
2002, Copa do Mundo de Ciclismo, a Lieja-Bastogne-Lieja, Xiro Riviera Ligure Ponente, máis dúas etapas, unha etapa da Tirreno-Adriatico, Tour de Valonia, máis unha etapa, Xiro de Lazio, Coppa Sabatini e Tour de Valonia.
2003, a Clásica Milán-San Remo, o Campionato de Italia en Ruta, a Clásica de San Sebastian, HEW Cyclassics e proclamáse gañador da Copa do Mundo por segunda tempada consecutiva.
2004, Copa do Mundo de Ciclismo por terceira vez consecutiva, converténdose no primeiro ciclista en logralo. O récord de Bettini produciuse na última tempada na que se disputou dita competición, xa que a partir de 2005 estableceuse un novo sistema, o UCI Pro Tour, no que ademais das clásicas computan tamén diversas voltas por etapas, Campionato Olimpico en Ruta, decidindo luciar a partir de entón un casco dourado, en recordo do devandito triunfo e a Tirreno-Adriatico.
2005, Xiro de Lombardia e o Campionato de Zúrich.
2006, Campionato do Mundo, Xiro de Lombardia e Campionato de Italia en Ruta, dúas etapas da Tirreno-Adriatico, Gran Premio de Lugano e Trofeo Soller.
2007, Campionato do Mundo, malia que a súa participación foi posta en dúbida debido á negativa de asinar un compromiso contra o dopaxe. Finalmente puido tomar parte na carreira e unha etapa do Tour de California.
2008, Trofeo Matteotti, G. P. Namur, unha etapa da Volta a Austria e unha etapa do Tour de Valonia.
XIRO DE ITALIA: 1997, (25º). 1998, (7º). 1999, (44º). 2002, abandonou. 2005, (38º, máis unha etapa, máis a clasificación da regularidade. 2006, (56º, máis unha etapa, máis a clasificación da regularidade).
TOUR DE FRANCIA: 2000, (abandonou, pero antes gaña unha etapa). 2001, (70º). 2003, (48º). 2004, (58º).
VOLTA CICLISTA A ESPAÑA: 1999, (32º). 2005, unha etapa e abandonou. 2006, unha etapa e abandonou. 2007, unha etapa e abandonou. 2008, dúas etapas e abandonou.
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 2001, segundo no Campionato Mundial en Ruta. 2002, terceiro na Bicicleta de Ouro. 2003, segundo na Bicicleta de Ouro. 2007, terceiro na Bicicleta de Ouro.
RECOÑECEMENTOS: 2003, Mendrisio de Ouro. 2004, Comendador da Orden ao Mérito da República Italiana e Diploma de Honor do Mérito Deportivo do CONI. 2007, Mendrisio de Ouro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario