mércores, 25 de setembro de 2013

JOSEBA BELOKI

JOSEBA BELOKI
Joseba Beloki Dorronsoro, naceu en Lazcano, Guipúzcoa (País Vasco, España), o 12 de agosto de 1973. Profesional dende 1998 a 2007, durante os cales destacou como un bo escalador e un contrarreloxista de alto nivel, especializado en voltas por etapas. En 2002 quedou segundo no Tour de Francia por detrás de Lánce Armstrong.
Aínda que nacido en Lazcano, dende a súa infancia viviu en Vitoria, iniciándose no ciclismo aos 9 anos nas filas do Club Iturribero de Vitoria.
Beloki, logrou subir ao podio do Tour de Francia en tres ocasións: como segundo en 2002 e como terceiro en 2000 e 2001. É o segundo ciclista español con máis podios no Tour de Francia, só superado polos 5 de Miguel Induráin. Sendo un dos 4 ciclistas españois, xunto con Luís Ocaña (1973), Pedro Delgado (1989) e Miguel Induráin (1991) que conseguiron finalizar no podio de Volta e Tour no mesmo ano (2002). Entre as súas vitorias atópanse a Volta a Asturias de 2000, a Volta a Cataluña de 2001 e a Clásica de Alcobendas de 2003.
O 14 de xullo de 2003 marcou a súa carreira deportiva. Durante a 9ª etapa do Tour, descendendo o porto da Rochette, xunto a Lance Armstrong, líder con 40 segundos de vantaxe e mentres perseguía a Alexandre Vinokourov. Nunha curva, perdeu o control da sua bicicleta ao topar a súa roda traseira cun tramo de asfalto derretido polo sol. Beloki sufriu unha caída, rompéndose o fémur, o cóbado e a boneca dereita. Armstrong estivo a piques de sufrir as mesmas consecuencias, pero logrou virar bruscamente para ir parar a un ataxo campo a través. As lesións de Beloki deixaríanlle indisponible para toda a tempada.
Coa desbandada da ONCE de Manolo Saiz ao final da tempada 2003, optou, tras moita expectación, por asinar polo equipo francés Brioches A Boulangére, o cal causou un notable desconcerto, ao tratarse ata o momento dun equipo sen grandes expectativas nin orzamento.
Supoñíase que Beloki estaba completamente recuperado das súas lesións, pero pronto empezou a evidenciarse que a recuperación ía tardar en completarse máis do esperado. Logo de tomar a saída na Volta ao País Vasco, tivo que retirarse na primeira etapa. Tampouco foi capaz de tomar a saída no Tour de Francia xa que, tras desavenencias cos dirixentes do equipo, os abandonou alegando que os responsables do Brioches A Boulangére non lle daban permiso para utilizar os corticoides que, segundo el, necesitaba para curar o seu asma. Tras este episodio, asinou para o que restaba de tempada, e outro ano máis, co Saunier Duval. Correu a Volta a España, na que deixaría boas sensacións durante a primeira semana, pero finalmente abandonaría a carreira prematuramente.
A última polémica ao redor de Beloki produciríase no inverno de 2004, xa que nunha sorprendente operación, o ciclista decidiu volver xunto ao seu antigo director Manolo Saiz, pagando do seu peto a cláusula de rescisión do seu contrato con Saunier Duval.
Empezou o ano 2005 novamente con grandes expectativas, con Xiro de Italia, Tour de Francia e Volta a España no calendario. Pero Beloki, nos primeiros meses de competición seguía sen poder terminar unha carreira entre os primeiros clasificados. As consecuencias da caída do Tour de 2003 seguían facendo mella no seu rendemento, quizais non tanto polos danos físicos senón por problemas psicolóxicos. Foi incapaz de terminar o Xiro, pese a iso, Manolo Saiz inclúeo no Liberty para o Tour de Francia, volvendo así a reencontrase coa carreira que truncou a súa progresión. Durante os primeiros días logra manterse nos primeiros postos da clasificación pero cando chegan as etapas de montaña acusa a súa falta de forma e ten que apelar á súa forza de vontade para lograr acabar nunha discreta posición. Na Volta a España, cáese no prólogo, revivindo vellas pantasmas, pero por fortuna a caída esta vez non ten consecuencias graves e puido continuar. Recuperado, víuselle traballar como gregario para Roberto Heras.
O 22 de maio de 2006 coñeceuse a Operación Porto, unha investigación da Garda Civil que destapou unha trama de dopaxe organizado para deportistas de élite. Nas bolsas sanguíneas, intervidas ao doutor Eufemiano Fuentes cabecilla da rede, en conversacións intervidas ou manuscritos con nomes en clave dos deportistas, Beloki foi identificado como o ciclista tralos nomes en clave JB e BLK, ademais de figurar o seu nome completo nos manuscritos. Segundo detallou a Garda Civil no Documento 28 no seu informe ao xuíz referido a Beloki; figuraban anotacións de HMG-LEPORI, IGF-1, parches de testosterona, hormona do crecemento, EPO e anabolizantes en coordinación coa programación de extraccions e reposicions sanguíneas.
Debido a sua implicación na trama, a organización impídelle que participe no Tour de Francia de 2006. Con todo, pouco despois, o Xulgado de Instrucións nº 31 de Madrid certificou por escrito que non existía ningunha imputación contra el. Xa que a investigación centrábase nun presunto delito contra a saúde pública, non na trama de dopaxe, que non foi investigada polo xuíz ao non ser o dopaxe delito en España nese momento. Ao ser absolto xudicialmente, Beloki podía competir con normalidade, posto que non estaba imputado en ningún delito penal e o xuíz negouse (salvo excepcións) a que as probas fosen facilitadas a organismos deportivos internacionais (UCI, AMA) para estudar e impoñer en caso de estimalo oportuno as sancións deportivas pertinentes.
O 21 de decembro de 2007, tras permanecer sen competir durante toda a tempada, anunciou a súa retirada do ciclismo profesional. Pasando a escribir na revista Ciclismo a Fondo e a colaborar en Radio Euskadi como comentarista na retrasmisión radiofónica de diversas carreiras ciclistas. Tamén é director do equipo Cafés Baqué e habitual corredor de maratones.
En Vitoria dispútase un memorial de ciclismo que leva o seu nome.
Palmares: 2000, Volta a Asturias, máis unha etapa.
2001, Volta a Cataluya, máis dúas etapas.
2002, unha etapa na Euskal Bizikleta e a Escalada a Montjuic.
2003, Clásica de Alcobendas e unha etapa da Euskal Bizikleta.
XIRO DE ITALIA: 2005, abandonou.
TOUR DE FANCIA: 2000, (3º). 2001, (3º). 2002, (2º). 2003, abandonou e 2005, (75º).
VOLTA A ESPAÑA: 2001, (45º),  2002, (3º) e 2005, (112º).
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 1997, segundo no Campionato de España Contrarreloj. 1999, terceiro no Campionato de España en Ruta.
EQUIPOS: 1998-1999, Euskaltel-Euskadi. 2000, Festina-Lotus. 2001-2003, ONCE. 2004, Brioches A Boulangére e Saunier Duval-Prodir. 2005-2006, Liberty Seguros-Würth Team (ata maio). Würth Team (ata xuño). Astana-Würth.

Ningún comentario:

Publicar un comentario