venres, 4 de xullo de 2014

CONSTANTINO CONTI

Constantino Conti naceu en Nibionno, Como (Italia), o 26 de decembro de 1945.
Foi un ciclista italiano, máis coñecido como Tino Conti que foi segundo no Tour do Porvir de 1967, aínda que como profesional non confirmou tal clasificación.
Salto á fama cando en 1967 logrou dúas medallas de ouro nos Xogos do Mediterráneo en Túnez, respectivamente na proba de liña e nos 100 quilómetros por equipos. Converténdose en profesional en 1969 co equipo Faema, gañando ese mesmo ano o Xiro de Marche.
Ao ano seguinte pasouse ao SCIC, logrando o segundo lugar na Coppa Agostino e o terceiro no Gran Premio de Mónaco, vencendo no Trofeo Matteotti. En 1972 pasouse ao Ferretti co que logrou a vitoria no Gran Premio de Industria e Comercio de Prato. En 1974, de novo no Zonca, obtivo numerosos bos resultados incluíndo a vitoria nos Tres Vales Varesine e o terceiro lugar no Xiro de Lombardia, terminando en cuarto lugar da clasificación xeral do Xiro de Italia, o seu mellor resultado nunha das carreiras máis importante por etapas.
En 1977 obtivo o seu último éxito gañando a Volta Ciclista á Provincia de Reggio Calabria. Retirándose do ciclismo profesional dous anos máis tarde, sen obter ningunha outra vitoria.
Profesional de 1969 a 1977, durante os cales conseguiu 11 vitorias nas clásicas italianas.
TRIUNFOS: 1969 vencedor do Xiro de Marche.
1970 vencedor do Trofeo Matteotti.
1972, vencedor do G. P. de Prato.
1974, vencedor dos Tres Vales Varesinos e do Circuíto Valdengo.
1975, vencedor do G. P. de Prato, Circuíto Dolcento, Circuíto Morrovalle e do Xiro de Toscana.
1976, vencedor do Circuíto Colby.
1977, vencedor do Xiro de Reggio Calabria.
XIRO DE ITALIA: 1969 abandonou, 1973 (51º), 1974 (4º), 1975 (8º) e 1977 abandonou.
TOUR DE FRANCIA: 1970 e 1971, as únicas veces en que participou abandono en ambas. 
Nunca participou na Volta a España.
Outros resultados dignos de mención: 1970, segundo na Coppa Agostino e terceiro no gran Premio de Mónaco. 1974, terceiro no Xiro de Lombardia, segundo no Xiro do Veneto e terceiro na Volta á Provincia de Reggio Calabria. 1976, terceiro no Campionato do Mundo de fondo en estrada en Ostuni, a só once segundos do gañador Freddy Maertens que lle disputou a vitoria a Francesco Moser.
EQUIPOS: 1969 Faema, 1970-1971 Scic, 1972 Ferretti, 1973-1974 Zonca, 1975 Furzi, 1976 Magnifi, 1977 Zonca e 1978 Gelati Gis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario