xoves, 31 de xullo de 2014

SERSE COPPI

SERSE COPPI
Serse Coppi naceu en Castellania, provincia de Alessandrina (Italia), o 19 de marzo de 1923. Faleceu aos 28 anos en Turín (Italia), o 29 de xuño de 1951, por unha hemorragia cerebral por mor das feridas sufridas na cabeza durante a disputa do Xiro de Piamonte.
Foi un ciclista italiano irmán pequeno do famoso Fausto Coppi, que aínda que moito menos dotado que el, foi un gran gregario. A súa vitoria máis importante foi a conseguida ex - aequo con André Mahé ganadores por unha decisión arbitral da Paris-Roubaix en 1949. André Mahé xunto con Frans Leenen e Jacques Moujica foron mal orientados pola policía ao entrar ao velódromo, xa que entraron pola porta da sala de prensa. Ao pouco de cruzar a liña de meta Mahé, o pelotón pasou encabezado por Sense Coppi.
Mahé foi proclamado ganador e fixo a volta de honor. Serse Coppi, co apoio do seu irmán Fausto, puxo unha reclamación: o itinerario oficial non foi respectado polos primeiros corredores, sendo descualificado Mahé, e Serse Coppi nomeado ganador. 

Serse e Fausto Coppi logo da disputa da Parí-Roubaix de
1949
Durante a semana seguinte, a Federación Francesa de Ciclismo designou vencedor a Mahé. A Federación Italiana de Ciclismo impugnou esta decisión ante a Unión Ciclista Internacional, que anulou o resultado en agosto e fixou a decisión final en novembro, durante a súa convención en Zúrich. Pola súa banda, Fausto Coppi ameazou con non seguir participando na Paris-Roubaix, si non se tomaba unha decisión favorable ao seu irmán. A UCI decidiu baixo presión outorgar a vitoria a André Mahé e a Serse Coppi.
Serse Coppi tivo un tráxico final, como o seu irmán: Morreu por mor das feridas sufridas na cabeza na caído no último quilómetro do Xiro de Piamonte de 1951. Durante o sprint final, a súa roda meteuse no carril do tranvía, caeuse golpeándose a cabeza contra o chan. As consecuencias do accidente non parecían serias ao principio, regresando en bicicleta ao hotel, pero xa no hotel a súa condición empeorou repentinamente. Hospitalizado, faleceu por unha hemorragia cerebral nos brazos do seu irmán. Fausto Coppi, tivo moitas dificultades para recuperarse da morte de Serse.
Sense e Fausto Coppi antes de unha saida de paseo
de formación.
Profesional de 1946 a 1951.
TRIUNFOS: 1945, vencedor da Milán-Varzi.
1949, vencedor da Paris-Roubaix con Mahé.
1950, vencedor dunha etapa da Roma-Napoles-Roma.
XIRO DE ITALIA: 1946 (24º), 1947 abandonou na sétima etapa por causa dunha fractura nunha perna que o aparto da competición durante case toda a tempada, 1949 (55º), 1950 (60º) e 1951 (54º).
Nunca participou no Tour de Francia nin na Volta a España.
Outros resultados dignos de mención: 1946, segundo no GP de L´Equipe e terceiro en Bologna do Xiro dell´Emilia.
1948, terceiro en Bergamo do Trofeo Baracchi.
1949, segundo no Trofeo Liguria.
1950, terceiro na 4ª etapa do Xiro de Italia, segundo na 14ª etapa do Xiro de Italia e segundo en Bergamo no Trofeo Baracchi.
1951, terceiro no Trofeo Pleurtuit.
EQUIPOS: 1946-1948, Bianchi. 1949-1950, Bianchi-Ursus e 1951, Bianchi-Pirelli.

Ningún comentario:

Publicar un comentario