xoves, 14 de agosto de 2014

CLAUDE CRIQUIELION

Claude Criquielion naceu en Lessines, Hainaut (Bélgica), o 11 de xaneiro de 1957.
Foi un ciclista belga alcumado “Cri cri” que chegou ao ciclismo un pouco por casualidade, pois os seus inicios deportivos foron no campo a través e no fútbol. No deporte da bicicleta pronto demostrou que tiña clase e oficio, ademais dunha descomunal forza para as chegadas e habilidades para colocarse nos postos de cabeza. Era un bo contrarrelojista e un excelente rodador.
De carácter tímido e introvertido, Claude Criquielion perdeu a ocasión da súa vida, o seu soño como ciclista, no Mundial de fondo de 1988 disputado na localidade belga de Renaix, moi preto da súa casa. Criquielion no sprint final non puido evitar un cruzamento antirreglamentario do canadiense Steve Bauer e, con iso, dar cos seus ósos no chan. O bravo corredor belga, coa bicicleta no ombreiro, logrou cruzar a liña de meta, pero a vitoria máis ansiada da súa carreira (xa lograda no Mundial de Barcelona de 1984) habíase esfumado.
Foi un ciclista que obtivo bos resultados a todos os niveis, desde clásicas dun día a grandes voltas por etapas, pasando por vitorias en voltas curtas por etapas como o Tour de Romandia.
Profesional de 1979 a 1992, durante os cales logrou 57 vitorias.
De 2000 a 2004 foi director deportivo do Lotto-Adecco. En 2005 converteuse en gerente do equipo Landbouwkrediet-Colnago, pasando a profesionais ao seu fillo Mathieu Criquielion.
TRIUNFOS: 1979, vencedor da Semana Catalá e da Escalada a Montjuich.
1980, vencedor do Gran Premio Saint Pieters.
1982, vencedor da Flecha Brabancona.
1983, vencedor da Clásica de San Sebastián.
1984, Campión do Mundo de fondo en estrada, vencedor da Escalada a Montjuich e do Gran Premio Eddy Merckx.
1985, vencedor da Flecha Valona.
1986, vencedor do G. P. Midi Libre e da Volta a Romandia.
1988, vencedor do G. P. Midi Libre, do Gran Premio Purnode e do Gran Premio de Calais.
1989, vencedor da Flecha Valona, do Criterium de Utrecht e do Criterium de Dilsen.
1990, Campión de Bélgica de fondo en estrada.
XIRO DE ITALIA: 1989 (9º).
TOUR DE FRANCIA: 1979 (9º), 1980 (13º), 1981 (9º), 1982 retírase, 1983 (18º), 1984 (9º), 1985 (18º), 1986 (5º), 1987 (11º), 1988 (14º), 1989 (39º) e 1990 (9º).
VOLTA A ESPAÑA: 1983 (3º) e en 1982 retírase.
Outros resultados dignos de mención: 1985, segundo na Lieja-Bastogne-Lieja. 1987, terceiro na Lieja-Bastogna-Lieja e segundo na Flecha Valogna. 1988, terceiro na Amstel Gold Race e en 1989 segundo na Amstel Gol Race.
EQUIPOS: 1979-1982, Wilckes-Spendor, 1983, Euro Shop, 1984, Splendor, 1985-1989, Hitachi e 1990-1992, Lotto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario