Michel Cornelisse naceu en Amsterdan (Holanda), o 24
de decembro de 1965.
Foi un ciclista holandés que exerceu de home de equipo pola súa fortaleza e saber estar nos momentos importantes da carreira. Malia ter que traballar para outros corredores que contaban máis que el, no equipo conta con varias vitorias no seu palmarés.
Como afeccionado en dúas ocasións, 1985 e 1988, logrou o Campionato holandés de contra reloxo por equipos.
Michele Cornelisse vén dunha familia ciclista; o seu pai Henk e o seu tio Rink tamén foran ciclistas profesionais.
Desde 2009 ata o ano pasado exerceu as funcións de director deportivo do equipo Vacansoleil-DCM Prol Cycling Team.
Profesional de 1988 a 2000, durante os cales gañou un bo numero de eventos grandes e medianos, no seu momento chegouse a considerar como o posible e futuro Eddy Merckx holandés.
TRIUNFOS: 1988, vencedor do Circuíto das Ardenas Flamencas e do Criterium de Colonia.
1989, vencedor da Volta a Luxemburgo e do Criterium de Amsterdan.
1990, vencedor do Criterium de Bellegem.
1991, vencedor do Gran Premio do 1 de Maio.
1992, vencedor dunha etapa da Volta a Suiza e dunha etapa do Tour do Mediterraneo.
1993, vencedor da Nokere Koerse e da Ster van Zwolle.
1996, vencedor do Gran Premio do 1 de maio e unha etapa da Volta a Austria.
1997, vencedor de dúas etapas do Teleflex Tour.
Nunca participou en ningunha das tres grandes.
Outros resultados dignos de mención: 1992, terceiro na Schoten, terceiro en Amsterdam, segundo en Beveren e segundo en Heusden.
1993, segundo no Circuíto de Aalsmeer, terceiro en Buggenhout, terceiro no Criterium de Sint-Niklass, terceiro no Criterium de Steenwijk, terceiro en Woerden, segundo en Ichtegem, segundo en Bredene e terceiro en Beveren.
1994, segundo en Nokere, terceiro en beveren e segundo en Surhuisterveen.
1995, terceiro en Lichtervelde e segundo en Willebroek.
1996, segundo en Denain, terceiro en Knokke, segundo en Lede. Terceiro en Nokere, segundo na segunda etapa Österreich-Rundfahrt e terceiro en Melle.
1997, terceiro na primeira etapa Postgirot Open, segundo na Beveren-Waas, segundo na segunda etapa Ster van Brabant, terceiro na terceira etapa do Teleflex Tour, terceiro no Criterium Derny, segundo en Oostende, segundo en Beveren e segundo en Aalter.
1998, terceiro en Cras-Avernas, terceiro en Rolde van Midden, terceiro en Beveren e terceiro en Heusden.
1999, terceiro en Wateringen, terceiro en Zwolle, terceiro en Izerem e terceiro no Criterium de Izegen.
2000, terceiro no Criterium de Derny.
EQUIPOS: 1988 Superconfex-Yoko. 1989-1990 Panasonic. 1991-1993 A William. 1994-1996 TVM. 1997 Foreldorado-Golff e 1998-2000 Spar.

Ningún comentario:
Publicar un comentario