xoves, 28 de agosto de 2014

MANUEL COSTA

MANUEL COSTA
Manel Costa naceu en Villafranca do Penedes, Barcelona (España), o 11 de outubro de 1921.
Foi un ciclista catalán, corredor dos anos corenta cun bo historial na Volta Ciclista a España, chegando a liderarla durante 22 días, estando a piques de gañala en dúas edicións. 
En 1947 estivo a piques de lograr na sétima edición o triunfo que se lle escapou na sexta, pero de novo viu como a vitoria ía a mans dun rival cando a Volta esgotaba os seus últimos días. Nesta ocasión foi o belga Edouard Van Dick quen se interpuxo no camiño de Costa, co que o xersei viaxou por terceira vez fóra das nosas fronteiras. Antes, só o tamén belga Gustave Deloor conseguira impoñerse na rólda española. Foi en 1935 e 36, cando a Volta daba os seus primeiros pasos e disputábase nunhas condicións diametralmente opostas ás actuais.
Precisamente foi nesta edición onde o incombustible Delio Rodríguez, sumou sete novos triunfos de etapa, dominando completamente a primeira parte da proba. Fíxose co liderato o primeiro día e mantívoo ata o decimosegundo, cando Manuel Costa atacou e avantaxou en oito minutos a Delio, quen tivo que sumar outros dez de penalización por axudarse dun vehículo no transcurso da etapa. Desta forma, o fenomenal ciclista galego perdeu toda opción ao triunfo final, que quedou nese instante a mercé de Costa. Con todo, a maior pericia de Van Dyck nas etapas llanas e nas contrarreloj permitiu ao belga conseguir un triunfo que xa saboreaba o ciclista español.
Iso si, malia non lograr a vitoria, máis de 50.000 persoas ovacionaron a Costa no estadio Metropolitano o último día de carreira.
Finalmente quedou en segunda posición, por diante de Delio Rodríguez, Emilio Rodríguez e Joaquim Olmos.
Ese mesmo ano na clasificación da montaña, Emilio Rodríguez revalidaba o triunfo da edición anterior, con dous puntos de vantaxe sobre Martín Mancisidor e catro sobre o propio Manuel Costa, quen malia haberse quedado ás portas de dúas vitorias tívose que conformar co recoñecemento e admiración por parte dos afeccionados, xa que nunca chegou a gañar a róldaa española.
No seu palmarés tamén destaca unha vitoria de etapa na Volta a Cataluña de 1943 e vencedor dunha etapa do Gran Premio da Vitoria.
Profesional de 1940 a 1949.
TRIUNFOS: 1943, vencedor dunha etapa da Volta a Cataluña.
1948, vencedor dunha etapa da Volta a Tarragona.
Nunca participo no Xiro de Italia nin no Tour de Francia.
VOLTA CICLISTA A ESPAÑA: 1945 (11º), 1946 (4º), 1947 (2º), 1948 (6º).
Outros resultados dignos de mención: 1944 cuarto na Volta a Cataluña.
EQUIPOS: 1940-1943 FC Barcelona. 1944 Galindo-chicles Tabay. 1946 Galindo-Santamaría. 1947-1949 Galindo-Salganhos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario