Jean de Gribaldi, naceu en Besançon, Doubs
(Francia), o 18 de xullo de 1922. Faleceu en Vorai sur l´Ogono (Francia), á
idade de 64 anos o 2 de xaneiro de 1987, como consecuencia dun accidente de
automóbil.
Dentro do pelotón coñecíaselle como o Vizconde, por proceder dunha familia nobre piamontesa. Foi mellor director deportivo que ciclista. Nos seus doce anos de profesional apenas obtivo vitorias de importancia, aínda que si postos importantes en prestixiosas probas do calendario internacional. Foi o descubridor de varias figuras do ciclismo entre as que se atopa o irlandés Sean Kelly. Gribaldi foi o seu mestre e o que lle ofreceu o primeiro contrato profesional, ensinándolle a adestrar e a coidarse. Sempre estaba encima del, pendente para que traballase e aprendese coa bici, no canto de andar xogando con ela. O propio Kelly dixo en máis dunha ocasión que Grimaldi estaba 20 anos adiantado á súa época. Joaquim Agostinho e Eric Caritoux ganador da Volta a España de 1984, tamén foron descubrimentos da exitosa carreira como director deportivo de mediados da década dos 60.
Baixo a súa dirección Michel Laurent gaño a París-Niza en 1976 e o mozo Steven Rooks a Lieja-Bastogne-Lieja de 1983.
En Besançon, a súa cidade natal, unha das súas rúas leva o seu nome e dende 1994 cada ano, organízase unha carreira ciclista na súa memoria.
Profesional de 1946 a 1954 en que se retirou logo de haberse roto o ombreiro nunha caída. Xa nese tempo tiña varias tendas de bicicletas en Besançon, ampliando o seu comercio con tendas de electrodomésticos as cales tiveron un gran éxito.
Dez anos máis tarde regresou ao ciclismo, como director deportivo, sendo coñecido polas súas ideas progresistas. Foi o primeiro director deportivo en levar aos seus equipos á Costa Azul para facer a pre-tempada de inverno e para optimizar a preparación dos seus ciclistas, programándolles unhas dietas e uns programas de exercicios específicos moito antes que os outros directores o fixésen.
TRIUNFOS: 1946, vencedor do Gran Premio de Ballón da Alsacia.
1948, vencedor do Tour de Doubs.
Nunca participou no Xiro de Italia nin na Volta a España.
TOUR DE FRANCIA: 1947 (46º), 1948 retirouse e 1952 (46º).
Outros resultados dignos de mención: 1947, segundo no Campionato de Francia de fondo en estrada.
EQUIPOS: 1945-1949, Peugeot-Dunlop. 1950 Mervil. 1951-1954 Terrot.
Como director deportivo dirixiu en 1964 ao Grammont-de Gribaldy. En 1965 ao Grammont-Motoconfort/Tigra-Meltina-de Gribaldy/Wolhauser Jarabes Berger. En 1966 ao Tigra-Meltina-de Gribaldy. 1967 Tigra-Grammont/Tigra-Enicar. 1968, Frimatic-Viva-de Grimaldy/Tigra-Enicar. 1969, Fimatic-Viva-de Gribaldy. 1970, Wolhauser-Ravis-de Gribaldy. 1971 Hoover-de Gribaldy. 1972 Van Cauter-Marniflex-de Grimaldy. 1975 Miko-de Grimaldy. 1976 Miko-de Grimaldy-Superia.1977 Velda-Latina Assicurazione-Flandria. 1978 Velda-Lano-Flandria. 1979 Flandria-CA VAI SEUL. 1980 Puch-Sem-Campagnolo. 1981 e 1982 Sem-Francia Loire-Campagnolo. 1983 SEM Francia Loire-Mavic-Reydel. 1984 Skil-Sem-Mavic-Reydel. 1985 Skil-Reydel-Sem. 1986 KAS-Mavic-Tag Heuer.

See this great website http://www.jeandegribaldy.com
ResponderEliminar