Odile Defraye naceu en Rumbeke,
Flandes Occidental (Bélxica), o 14 de xullo de 1888. Faleceu aos 77 anos en
Bierges (Belxica), o 21 de agosto de 1965.
Foi un ciclista belga moi activo a principios do século XX e o primeiro belga gañador do Tour de Francia. Un Tour ao que foi incluído a última hora no equipo por mor de presións comerciais do patrocinador.
Profesional de 1909 a 1924. Debido á II Guerra Mundial de 1914 a 1919 tivo que abandoar o ciclismo.
TRIUNFOS: 1910 vencedor do Campionato de Flandes.
1911 vencedor do Campionato de Bélxica en ruta.
1912 vencedor do Tour de Francia, máis tres etapas e da Volta a Bélxica, máis catro etapas.
1913 vencedor da Milán-San Remo.
1914 vencedor dunha etapa da Volta a Bélxica.
1921 vencedor dunha etapa da Volta a Bélxica.
TOUR DE FRANCIA. Participou nas edicións de 1909 retirándose na segunda etapa, 1913, 1914, 1919, 1920 e 1924, retirose en todas antes de finalizar a carreira, gañando a xeral na edición de 1912.

Defraye corre ese Tour co equipo Alcyon para
axudar ao actual campión Gustave Garrigou, aínda que iso estaba en contra das
regras da carreira, que naquel entón era unha proba individual. Ese ano a
participación de ciclistas belgas era moi significativo. Na primeira seman,
varios ciclistas de renombre, incluído Garrigou quedáronse moi atrasados,
debido a pinchazos por clavos que había na calzada, Defraye tras pasar sen
ningún percance e por decisión de Bauge o seu director ao entender que estaba
máis forte que o propio Garrigou mándalle que continúase, gaña a etapa
accedendo ao primeiro lugar da xeral, que naquel entón se establecía por
puntos. Ao día seguinte baixando o Col das Aravis atropela a un can que estivo
a piques de facerlle abandoar, pero logra a vitoria de etapa e dúas máis ese
ano, axudado polos ciclistas belgas.
O equipo francés de Otavo Lapize abandoan a
carreira, protestando pola colaboración entre os ciclistas do Alcyon e o resto
de ciclistas belgas ao poñerse todos ao servizo de Defraye.
Gañou o Tour de
Francia, con 49 puntos, por diante do francés Eugéne Christophe, gañador de
tres etapas como él, pero con 108 puntos. Con este triunfo Defraye abriu unha
serie de sete vitorias consecutivas de ciclistas belgas.
En 1913, engade á súa lista de triunfos a clásica
italiana Milán-San Remo. Este ano desde a segunda etapa do Tour lideraba a
clasificación xeral por puntos con Julius Masselis, Alfons Lauwers e Marcel
Buyssen ata que no transcurso da sexta etapa tibo que abandoar.
Nunca participou no Xiro de Italia nin na Volta a España.
Outros resultados dignos de mención: 1911 sexto na Volta a Bélxica. 1915 quinto na París-Roubaix. 1914, cuarto na Volta a Bélxica e 1921 sexto na Volta a Bélxica.
EQUIPOS: 1909-1911 A Française. 1912-1914 Alcyon. 1919-1924 Wonder-Dunlop.

Ningún comentario:
Publicar un comentario