xoves, 23 de xullo de 2015

NOEL DEJONCKHEERE

Noel Dejonckheere naceu en Icegem, Vlaanderen (Bélxica), o 23 de abril de 1955.
Foi un dos profesionais máis laureados do pelotón na década dos 80, pois nos seus nove anos como profesional logrou cen primeiros postos entre vitorias de etapa, clásicas, critérium e Kermesses.
Criado e formado na genuina escola belga, a súa punta de velocidade durante varias tempadas non atopou resposta noutros velocistas, especialmente en España, país onde prácticamente desenvolveu a súa carreira profesional.
Tras retirarse do ciclismo en activo, foi director deportivo do equipo Motorola onde colaborou co ex patinador de velocidade estadounidense e ex ciclista Eric Heiden. Logo traballou durante dez anos na Federación de Ciclismo de Estados Unidos como adestrador e formador de novos talentos de ciclismo de onde saíron ciclistas como: Tyler Farrar, David Zabriskie, Brent Bookwalter, Taylor Phinney e Tejay Van Garderen. En 2005 o mítico corredor do Teka regresou a Cantabria como director deportivo dunha selección estadounidense chea de novos valores para participar no Circuíto Montañes. Desde 2010 traballa como líder xestor do equipo ciclista BMC Racing.
Profesional de 1979 a 1988.

TRIUNFOS: 1979, vencedor do Trofeo Costa Azahar.
1981, vencedor do Gran Premio de Valencia.
1983, vencedor do Trofeo Costa de Azahar e do Gran Premio de Valencia.
1984, vencedor do Trofeo Luís Puig, do Gran Premio de Alacante, do Gran Premio de Málaga e do Tour de Limburgo.
1985, vencedor da Clásica Trofeo Castilla-León, do Gran Premio Memorial Inguanzo, do Trofeo Masferrer, de dúas etapas da Volta a Valencia, dunha etapa da Paris-Niza, dunha etapa da Volta a Aragón, de dúas etapas da Volta a Burgos, de dúas etapas da Volta a Murcia, dunha etapa da Volta a Andalucía e de dúas etapas da Volta a Cantabria.
1987, vencedor dunha etapa da Volta a Andalucía e de dúas etapas da Volta a Murcia.
1988, vencedor dunha etapa da Volta a Andalucía.
Outros resultados dignos de mención: 1980, segundo na 1ª etapa da Volta a Mallorca, terceiro na 2ª etapa da Volta a Mallorca, terceiro na 3ª etapa do Tour do Mediterráneo e terceiro na 1ª etapa da Paris-Niza. 1981, terceiro na 1ª etapa da Volta a Andalucía, segundo na 2ª etapa da Volta a Andalucía e segundo na 2ª etapa da Paris-Niza.

1982, terceiro nos Seis Días de Madrid, segundo na Neder-Over-Heembeek, segundo na 1ª etapa da Tirreno-Adriático e segundo na Milán-Turin. 1983, segundo na 2ª etapa da Volta a Andalucía, terceiro na 4ª etapa da Volta a Andalucía, segundo na 5ª etapa da Volta a Andalucía. 1984, terceiro na 1ª etapa da Volta a Andalucía, terceiro na 2ª etapa da Volta a Andalucía, segundo na 5ª etapa da Volta á Comunidade Valenciana, segundo na 3ª etapa da Volta a España, terceiro na 8ª etapa da Volta a España, terceiro na 10ª etapa da Volta a España, segundo na clasificación xeral por puntos da Volta a España, segundo na 4ª etapa do Tour de Francia. 1985, terceiro na 15ª etapa da Volta a España, terceiro na 16ª etapa da Volta a España, segundo na 19ª etapa da Volta a España e segundo na 3ª etapa da Volta á Rioxa. 
XIRO DE ITALIA: 1982 (100º).
TOUR DE FRANCIA: 1981 e 1984 retírase antes de finalizar a carreira.
VOLTA CICLISTA A ESPAÑA: 1973 (63º, máis dúas etapas), 1983 tense que retirar pero antes gaña unha etapa, 1984 (74º, máis tres etapas), 1985 (94º) e en 1988 retírase.
EQUIPOS: 1979-1981, Teka, 1982, Gis Gelati-Olmo, 1983-1987, Teka e 1988, Seur.

Ningún comentario:

Publicar un comentario