Juan Carlos Domínguez Domínguez alcumado o Rominguez naceu en Íscar,
Valladolid (España), o 13 de abril de 1973.
Foi un ex ciclista español que chegou a ser maglia rossa do Xiro de Italia na edición do 2002 ao gañar a primeira etapa prólogo. Un auténtico especialista contra o crono e un corredor perfecto para voltas dunha semana como o demostrou na súa exitosa carreira como profesional gañado Voltas en Asturias, Aragón, Rioxa, Cataluña, Andalucía, Burgos e Valencia. Que ciclista de hoxe en día pode presumir de ter nas súas vitrinas todos estes trofeos de Voltas dunha semana? Por todo isto e pola súa elegancia encima da bicicleta estamos a falar dun ciclista de enorme calidade.
Profesional entre 1995 e 2006, durante os cales o seu maior éxito deportivo logrouno na edición de 2002 do Xiro de Italia ao obter 1 vitoria de etapa.
Participou na proba de fondo na estrada dos Xogos Olímpicos de 2000 celebrados en Sídney, non chegando a finalizar a carreira.
Moitos ciclistas cando deixan o profesionalismo seguen enrolados dentro do mundo do ciclismo profesional pero Juan Carlos Domínguez preferiu empezar pola base, sendo director da escola de ciclismo Arroio.
TRIUNFOS: 1997, vencedor da Volta á Comunidade Valenciana, da Volta a Murcia, máis unha etapa e da Semana Catalá, máis unha etapa.
1998, vencedor dunha etapa da Volta á Rioxa e da Clásica de Alcobendas.
1999, vencedor da Volta á Rioxa, máis unha etapa, da Clásica de Alcobendas, da Volta a Aragón, máis unha etapa e dunha etapa da Volta a Asturias.
2001, vencedor da Volta a Aragón, máis unha etapa, da Volta a Asturias, máis unha etapa e da Euskal Bizikleta.
2002, vencedor dunha etapa da Semana Catalá e dunha etapa do Xiro de Italia.
2003, vencedor dunha etapa do Tour de Picardie.
2004, vencedor da Volta a Andalucía, máis unha etapa.
2005, vencedor da Volta a Burgos, máis unha etapa.
XIRO DE ITALIA: 1996 E 1997, abandonou, 1998 (45º), 2000 abandonou, 2002 (75º) e en 2004 abandonou.
Nunca participou no Tour de Francia.
VOLTA A ESPAÑA: 1995 (65º), 1996 (72º), 1997 (18º), 1998 abandonou, 2001 (121º), 2002 (93º), e en 2003 e 2004 abandonou.
Outros resultados dignos de mención: 1998, segundo no Campionato de España de fondo na estrada.
EQUIPOS: 1995-1997 Kelme, 1998-2000 Vitalicio Seguros, 2001 Linda McCartney, 2002 iBanesto.com, 2003 Phonak, 2004-2005 Saunier Duval-Prodir e 2006 Unibet.com.