xoves, 21 de xaneiro de 2016

GERMAIN DERYCKE

Germain Derycke naceu en Bellegem, Flandes Occidental (Bélxica), o 2 de novembro de 1929. Faleceu aos 49 anos o 13 de xaneiro de 1978, en Bellegem, onde está enterrado.
Foi un ciclista belga, especialista en carreiras dun día con gran clase e temperamento. Moi rápido ao sprint e cun punch irresistible.
Xa no seu segundo ano como profesional, foi segundo na Lieja-Bastogne-Lieja. En 1953 gañou sobre as lastras a clásica París-Roubaix. Tamén subiu dúas veces ao podio do Campionato do Mundo de fondo na estrada. En 1953, en Lugano (Suíza), tan só foi superado polo Campenissimo Fausto Coppi e en 1955 en Frascati gañou o bronce por detrás do seu compatriota e Campión Mundial Stan Ockers e do luxemburgues Jean-Pierre Schmitz. Xa anteriormente colgouse a Frecha Valona en 1954, a Milán-San Remo en 1955 e a partir de entón converteuse nun verdadeiro cazador das clásicas, gañando a súa segunda Lieja-Bastogna-Lieja en 1957 e o Tour de Flandes en 1958.
Das cinco clásicas principais do calendario mundial, a única proba que non gañou foi o Xiro de Lombardía.
Profesional de 1950 a 1962.
TRIUNFOS: 1951, vencedor dunha etapa do Tour de Francia.
1952, vencedor da Bruxelas-Ingooingem e de dúas etapas do Tour de Alxeria.
1953, vencedor da París-Roubaix, da Volta a Alxeria, máis dúas etapas e de dúas etapas da Volta a Marrocos.
1954, vencedor da Frecha Valona e da través de Bélxica, máis dúas etapas.
1955, vencedor da Milán-San Remo e dos Tres días de Anveres.
1956, vencedor da Mandel-Lys, Escaut, do Circuíto de Montes Suroeste, de dúas etapas da París-Niza e da Flandes Central.
1957, vencedor da Lieja-Bastogne-Lieja, da Volta ao Noroeste de Suíza, dos Tres Vales Varesinos e da Volta Hesvaye.
1958, vencedor do Tour de Flandes, dunha etapa do Xiro de Sardeña e do G. P. de Mónaco.
XIRO DE ITALIA: 1958 (44º).
TOUR DE FRANCIA: 1951 (43º, máis unha etapa), en 1952 e 1954 retírase antes de finalizar a carreira.
Outros resultados dignos de mención: 1951, segundo na Lieja-Bastogne- Lieja. 1953, segundo no Campionato do Mundo de fondo na estrada. 1955, terceiro no Campionato do Mundo de Fondo na estrada, segundo no Campionato de Bélxica de fondo na estrada e terceiro na París-Bruxelas.

EQUIPOS: 1950-1951 Groene Leeuw. 1952-1957 Alcyon-Dunlop. 1956-1957 Faema-Guerra. 1958-1959 Carpano. 1960 Liberia-Grammont. 1961-1962 Baratti-Milano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario