xoves, 14 de xaneiro de 2016

GUIDO DE ROSSO

Guido de Rosso naceu en Farra dei Soligo, Treviso (Italia), o 28 de setembro de 1940.
É un antigo ciclista italiano, bo rodador, escalador e o vencedor da primeira edición do Tour do Porvir, unha carreira por etapas para os afeccionados.
Profesional de 1962 a 1969, durante os cales gañou as tres clásicas italianas como son o Trofeo Matteotti, o Xiro do Piamonte e a Copa Placci.
O primeiro ano como profesional gañou o Tour de Romandía e en 1964 tamén foi Campión de Italia de fondo na estrada.
En 1963 en Ronse (25º), en 1964 en Sallanches (retirouse) e en 1965 en San Sebastián (41º), participou coa selección italiana nos Campionatos do Mundo de fondo na estrada.
TRIUNFOS: 1962, vencedor da Volta a Romandía.
1963, vencedor do Trofeo Cougnet, da quinta e novena etapa do Tour de Romandía, do Xiro de Trentino e do Xiro Ticino.
1964, vencedor do Campionato de Italia de fondo na estrada, da Milán-Vignola, do Trofeo Matteotti e da Copa Placci.
1965, vencedor da Milán-Vignola e do Trofeo Matteotti.
1966, vencedor do Xiro Campania e do Xiro Abruzzo.
1967, vencedor do Xiro ao Piamonte.
XIRO DE ITALIA: 1962 (16º), 1963 (4º), 1964 (3º), 1965 (10º) e en 1966 e 1969 retirouse.
TOUR DE FRANCIA: 1965 (7º) e en 1966 retirouse.
Nunca participou na Volta a España.
EQUIPOS: 1962-1966 Molteni, 1967 Vittadello e 1968-1969 Faema.

Ningún comentario:

Publicar un comentario