venres, 29 de xaneiro de 2016

GIDO DE SANTI

Guido De Santi, naceu en Trieste (Italia) o 16 de maio de 1923. Faleceu aos 75 anos en Trieste (Italia) o 30 de outubro de 1998.
Foi un excelente ciclista italiano de longa distancia, moi bo rodador, que  fixo tamén persecución e semifondo. Polo seu carácter combativo gañouse o alcume do “Fugitivo Tolo” ou “D´Artagnan”. O paso do tempo nunca fixo cambiar ese carácter combativo e esas fugas tolas, mantendo viva a carreira sobre todo en probas por etapas para aqueles que querían unha carreira rápida ao comezo de cada etapa.
Despois do servizo militar durante a guerra na Spezia, comezou a correr cos profesionais a finais de 1947, durante dúas tempadas no equipo da súa localidade, o Wilier Triestina.
Comezou a correr por paixón e amor á bicicleta, non por necesidade como era normal en moitos dos ciclistas daquela época, a súa familia tiña suficiente solvencia económica para poder vivir con dignidade.
En ausencia de Fausto Coppi, Alfredo Binda levouno ao equipo nacional durante as tempadas de 1948 e 1949 xunto con Magni, Bevilacqua, Minardi, Bartali e Pasotti. En 1949 contribuiu ao triunfo de Fausto Coppi no Tour de Francia, a pesar de non gustarlle a forma de interpretar a carreira De Santi. Entre os dous creábase un certo desagrado pero que esa tempada funciono. No Tour de 1950 retírase xunto con todos os outros italianos despois da desagradable etapa de Aspin.
En 1952, Goddet, propietario do Tour, vía con bos ollos que participase na carreira francesa o “Tolo Fugitivo”, xa que daría xogo ver a gran batalla entre o outro tolo fugitivo, o francés Jean Forestier. Con todo, parece que a oposición de Fausto Coppi, ameazando á organización que se corría De Santi, el non participaría, frustro o duelo entre os dous fugitivos.
Profesional de 1947 a 1957, durante os cales gañou dúas etapas do Xiro de Italia, a Volta a Alemaña e os Tres Vales Varesinos entre outras carreiras.
En 1953 lucio durante tres días a camisola rosa do Xiro de Italia que gañou Fausto Coppi contra Koblet na inesquecible etapa do Stelvio. Guido De Santi foi oitavo na clasificación final.
O seu último Xiro foi o de 1956, sendo un dos corenta sobreviventes á neve e o frio que chegaron a Milán, terminando en decimonoveno lugar da xeral. Demostrando unha vez máis a súa capacidade de adaptación a todo tipo de carreiras. Ese mesmo ano terminou terceiro no Campionato de Italia de semifondo.
En 2009 foi nomeado como o Belvedere Guido De Santi, levantándose un monumento no barrio de Trieste Servola, xusto enfronte da súa casa.
TRIUNFOS: 1949, vencedor da Milán-Módena e da terceira etapa do Xiro de Italia (Vila San Giovanni-Cosenza).
1951, vencedor da Volta a Alemaña, máis unha etapa, segunda etapa da Roma-Nápoles-Roma, a cuarta etapa do Xiro de Italia (Xénova-Florencia) e dos Tres Vales Varesinos. 1953, vencedor da primeira etapa da Roma-Nápoles-Roma. 1954, vencedor da primeira etapa da Roma-Nápoles-Roma.
XIRO DE ITALIA: 1947 (37º), 1948 (31º), 1949 (42º, máis unha etapa), 1950 (50º), 1951 (65º, máis unha etapa), 1952 (70º), 1953 (8º), 1954 (56º), 1956 (19º).
TOUR DE FRANCIA: 1948 abandona na cuarta etapa, 1949 (55º), 1950 retírase na terceira etapa. 
Nunca participou na Volta a España.
Outros resultados dignos de mención: 1949, cuarto no Campionato de Italia de Persecución. 1950,  segundo no Campionato de Italia de Persecución. 1952, quinto na Volta a Alemaña e terceiro no Campionato de Italia de Persecución. 1953 terceiro na Burdeos-París. 1956 terceiro no Campionato de Italia de Semifondo.
EQUIPOS: 1946-1948 Wilier Triestina. 1949 Atala-Pirelli. 1950 Colomb Maneira. 1951 Patria WKC Benetto. 1952 Benetto-Colomb-Dunlop-Rapier. 1953 Benotto-Colomb.Maneira. 1954 Bottecchia. 1955 Leo-Chlorodont-Botecchia. 1956-1957 Ignis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario