Antonio Escuriet San Pedro, naceu en Senlleira, Valencia
(España), o 7 de maio 1904. Faleceu aos 93 anos o 18 de febreiro de 1998 en
Villanueva de Castelló.
Non parecía un ciclista ao uso porque tiña a cara un pouco de
pan e os seus coetáneos eran máis huesudos. Nos seus tres primeiros anos só foi
segundo no Campionato de España de 1.931.
Foi o primeiro ciclista español que vestiu a camisola amarela
da Volta a España por mor de gañar a segunda etapa que recalaba en Santander
tras cubrir 251 quilómetros desde Valladolid da primeira edición en 1935.
Era o 30 de abril cando Antonio Escuriet, dorsal número 21,
decidiu probar sorte cunha fuga en solitario. Saíu do pelotón como unha frecha.
O belga Digneff deu a voz de alarma buscando a colaboración de Cañardo para
cortar a escapada, pero Mariano contestoulle que, co que faltaba, Antonio non
podería aguantar e que o atoparían ao saír de calquera curva tirado na cuneta.
Non foi así. Antonio resistiu e non só venceu na etapa, senón
que se enfundó a camisola que por entón era cor laranxa de líder. Pletórico de
entusiasmo, declarou que "é moi fácil que manteña a miña posición nas
etapas de montaña e as outras que se aveciñan a pesar da fama de escaladores
como Ezquerra ou Trueba".
Esa noite, segundo contou o seu compañeiro de habitación o
navarro Mariano Cañardo, Escuriet durmiu entre pesadelos e suores fríos mentres
gritaba sollozando: "¡que mo quitan, que mo quitan!"
Ao día seguinte na etapa con chegada a Bilbao, non marchaba
ben, non o facía coa soltura dun campión rexional como o era o valenciano. A
pesar da axuda de Mariano Cañardo se lle atragantaron os portos de Alisa, Ansón
e a Sia , ademais sufriu tres picadas nos momentos clave e perdeu o liderado en
favor do belga Gustavo Deloor, que lle sacou na meta case 30 minutos. Máis
tarde retiraríase. Foi o soño dunha noite de verán.
Posteriormente, en 1941, volvería lograr unha nova vitoria na
Volta a España.
Profesional de 1931 a 1942.
TRIUNFOS: 1933, vencedor da Volta a Levante, da Volta a
Guipúscoa e dunha etapa da Volta a Pontevedra.
1934, vencedor da Volta a Castela e dunha etapa na Volta a
Cataluña.
1935, vencedor dunha etapa da Volta a España e da Volta a
Áraba.
1936, vencedor do G. P. Pascuas.
1939, vencedor da Barcelona-Madrid e dunha etapa na
Madrid-Lisboa.
1942, vencedor dunha etapa da Volta a España.
Nunca participou no Xiro de Italia nin no Tour de Francia.
VOLTA A ESPAÑA: En 1935 antes de retirarse gañou unha etapa,
1936 (5º),1941 (6º, máis unha etapa e en 1942 retírase antes de finalizar a
carreira.
Outros resultados dignos de mención: 1931, segundo no
Campionato de España en ruta. 1932, terceiro na Volta a Levante. 1934, terceiro
na Volta a Levante.
EQUIPOS: 1931 Styl. 1932 C. C. Villanueva. 1933 S. C.
Catala. 1934-1935 Orbea. 1936 F. C. Bonavista. 1937 P. C. Escuriet. 1938-1940
Individuale e 1941-1942 Barcelona F. C.
Las dos guerras impidieron que mi padre tuviera mas exitos
ResponderEliminarSoy hijo de Antonio Escuriet
Gracias por tenerlo presente