Nico Emonds naceu en Hasselt
(Bélxica), o 4 de abril de 1961.
Foi un ciclista belga, excelente rodador e bo sprinter, ademais de ser un notable home de equipo, xa que era astuto e a media montaña superábaa con facilidade.
Profesional de 1984 a 1996, cuxo maior éxito deportivo logrouno na Volta a España, onde conseguiría 2 vitorias de etapa na edición de 1990 militando nas filas do Teka. Oficialmente só gañou unha, xa que o primeiro triunfo non puido ser contabilizado ao dar positivo no control antidoping que se lle realizou tras o triunfo na terceira etapa. Ademais tamen gañou etapas da Volta ao País Vasco, Estrela de Besseges, Volta a Burgos e Semana Catalá.
TRIUNFOS: 1984, vencedor dunha etapa na Volta a Galicia.
1986, vencedor da Volta a Bélxica, máis unha etapa e unha etapa no Tour de Romandia.
1988, vencedor do Criterium de Bielzen e do Criterium de Bichen.
1989, vencedor dunha etapa da Volta a Catalunya.
1990, vencedor da Volta a Aragón, do Criterium de Izegem, dunha etapa da Volta a España, dunha etapa na Volta a Galicia e da Saint Truiden.
1993, vencedor da Flèche Hesbignonne.
1994, vencedor do Circuit de l´Escaut e da Flèche Hesbignonne.
Nunca participou no Xiro de Italia.
TOUR DE FRANCIA: Nas tres edicións nas que participou, 1983, 1985 e 1986, en todas elas retirouse.
VOLTA A ESPAÑA: 1984, retírase e en 1990 (35º, máis dúas etapas).
EQUIPOS: 1984 Teka. 1985 Fagor. 1986 Kwantum Achen. 1987-1988 Superconfex-Yoko. 1989-1990 Teka. 1991 Clas-Cajastur. 1992 Mercatone Un-Zucchini-Medeghini. 1993 Willi Naessens e 1995-1996 S.E.F.B.-Espace Card.

Ningún comentario:
Publicar un comentario