Jacques
Esclassan naceu en Castre, Tarn (Francia), o 3 de setembro de 1948.
Foi
un ciclista francés, rodador e velocista de bastante valor nos tempos de Eddy
Merckx e Bernard Hinault, que se mantivo fiel ao equipo Peugeot durante toda a
súa carreira profesional.
Fillo
dunha familia de artesáns, de espírito libre que desde neno era brillante,
nervioso e rápido. Os que o lembran na súa infancia din que gañaba cada
domingo, converténdose nun referente e case un semidiós. Vinte e dúas vitorias
de amateur en 1970, trinta e tres en 1971 e trinta e dous en 1972.
Profesional
de 1973 a 1979, cuxos maiores éxitos deportivos logrounos no Tour de Francia
onde ademais de obter cinco triunfos de etapa logrou impoñerse na clasificación
por puntos na edición de 1977, e na Volta a España onde tamén lograría unha
vitoria de etapa na edición de 1973.
TRIUNFOS:
1973, vencedor dunha etapa da Volta a España, dunha etapa da París-Niza e dunha
etapa do Tour de l´Oise.
1974,
vencedor da Estrela Besseges, máis unha etapa e da Besseges-Alés.
1975,
vencedor do Critérium Nacional, dunha etapa do Tour de Francia, dunha etapa da
París-Niza e dunha etapa do Tour de Limousin.
1976,
vencedor dunha etapa do Tour de Francia, dunha etapa da París-Niza, de dúas
etapas do Tour d´Indre-et-Loire, dunha etapa do Tour de Corse e dunha etapa do
Gran Premio de Midi Libre.
1977,
vencedor do Tour Tarn, máis unha etapa, dunha etapa do Tour de Francia e a
clasificación por puntos.
1978,
vencedor do G. P. Peymeinade, de dúas etapas do Tour de Francia, de dúas etapas
na París-Niza, dunha etapa da Dauphiné Libéré, de dúas etapas do Tour de Tarn,
dunha etapa do Tour de l´Oise e dunha etapa do Gran Premio de Midi Libre.
1979,
vencedor do G. P. Antibes, dunha etapa do Critérium Internacional, dunha etapa
do Tour de l´Oise, dunha etapa do Tour de Corse
e do G. P. Mónaco.
Nunca
participou no Xiro de Italia.
TOUR
DE FRANCIA: 1973 (68º), 1974 (75º), en 1975, antes de terse que retirar gaña
unha etapa, 1976, (80º, máis unha etapa), 1977 (28º, máis unha etapa e a
clasificación por puntos), 1978 (61º, máis dúas etapas) e en 1979 retírase
antes de finalizar a carreira.
VOLTA
A ESPAÑA: 1973 (29º, máis unha etapa).
EQUIPOS:
1973-1979, Peugeot-BP-Michelin.
Ningún comentario:
Publicar un comentario