Pierino Favalli naceu en
Grumello Cremonese, Cremona (Italia), o 1 de maio de 1914. Faleceu aos 73 anos
en Cremona (Italia) o 16 de maio de 1986.
Foi un ciclista italiano,
gran rodador e bo sprinter, pero a súa traxectoria deportiva foi moi
prexudicada pola Segunda Guerra Mundial. Campión de Italia amateur en 1934,
terceiro na Copa do Mundo de 1936 e sétimo nos Xogos Olimpicos de Berlin na
proba de estrada.
Profesional de 1937 a 1942
durante os cales conseguiu 12 vitorias.
TRIUNFOS: 1937, vencedor
da Coppa San Geo.
1938, vencedor da
Milán-Turín, do Xiro de Romagna e do Xiro á Provincia de Milán con Gino
Bartali.
1939, vencedor da
Milán-Turín, do Xiro á Provincia de Milán con Bartali e do G. P. Prensa Turín
con Bartali.
1940, vencedor da
Milán-Turín e do Xiro á Provincia de Milán con Bartali e dunha etapa do Xiro de
Italia.
1941, vencedor da Milán
San Remo.
Pierino Favalli, entrando victorioso en el Giro de Romagna en 1938 |
Nunca participou no Tour
de Francia nin na Volta a España.
Outros resultados dignos
de mención: 1937, segundo na Milán-San Remo. 1938, segundo na Milán-San Remo e
en 1939 terceiro na Milán-San Remo.
EQUIPOS:
1937-1939 Legnano. 1940 Genova e Legnano. 1941-1942 Legnano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario