LAURENT BROCHARD |
Veterano ciclista francés, moi competitivo que comezou no ciclismo de competición aos 19 anos.
Profesional dende 1992 a 2007, durante os cales conseguiu un total de 33 vitorias.
Brochard comezou a súa carreira co equipo Castorama e, finalmente, pasou a formar parte do equipo ciclista Festina. O seu papel dentro do equipo foi de apoio ás máis coñecidas estrelas, como Richard Virenque, pero capaz de ser competitivo por si mesmo cando se lle dá a oportunidade.
En 1997 gañou unha etapa do Tour de Francia e proclamouse contra todo prognostico Campión do Mundo en San Sebastián. Grazas ao feito de conquistar o maillot arcoiris, outorgóuselle a Bicicleta de Ouro Francesa.
Tralo seu triunfo mundialista, foi vítima da chamada “maldición do arco iris”. Ao ano seguinte no Tour de Francia de 1998 foi implicado no escándalo Festina. Brochard, como moitos dos seus compañeiros de equipo, admite consumir sustancias dopantes, polo que foi suspendido por cinco meses, vendo cortada a seu prometedora traxectoria, xa que malia ser gregario, era moi competitivo e perigoso .
Logo de terminar a súa suspensión, enrolóuse no Ag2r Prévoyance como xefe de equipo tendo moitos éxitos en carreiras tales como o Critérium Internacional e a Etoile de Bésséges. Para rematar a sua carreira profesioanl fichou polo Bouygues Télécom.
Richard Brochard é coñecido pola sua longevidad, aspecto físico e polo seu peiteado de longa coleta loura estilo rabo de cabalo. É un gran fan do cómic francés Marsupilami, a miúdo veiaselle levando o logotipo de Marsupilami na seu indumentaria ciclista.
Nas presidenciais de 2007, deu o seu voto a Nicolas Sarkozy, aínda que habia sido considerado de ser da extrema dereita e próximo ás ideas de Jean-Marie Le Pen.
Participou en once Campionatos do Mundo de fondo en estrada e en tres edicións dos Xogos Olimpicos: 1996, 2000 e 2004 co equipo de Francia.
A principios de 2008, ao non haber un equipo que o contratase pon fin á súa carreira profesional. Na actualidade segue desfogandose como corredor de maratones.
Esta casado e é pai de dúas nenas, entre as súas paixóns, destacan a montaña, as motos e o grupo Indochine.
TRIUNFOS: 1992, unha etapa do Tour do Mediterraneo.
1993, unha etapa do Tour do Mediterraneo.
1994, o Tour de Haut-Var e a Regio-Tour.
1996, Tour de Limousin, máis dúas etapas e a Polynormande.
1997, tres etapas da Midi Libre, unha etapa do Tour de Francia e o Campionato do Mundo en ruta.
1998, unha etapa da Midi Libre.
1999, unha etapa da Volta a España.
2000, Paris-Niza, a Route Adélie, unha etapa da Paris-Niza e unha etapa do Critérium Internacional.
2001, Paris-Camembert, Gran Prix de Villers-Cotterêts e a Copa de Francia.
2002, Regio-Tour, máis unha etapa, Volta a Polonia, máis unha etapa e unha etapa da Midi Libre.
2003, Critérium Internacional, máis unha etapa, Paris-Camembert e unha etapa da Volta a Castilla e León.
2004, Étoile de Bességes, máis unha etapa e unha etapa do Circuíto da Serthe.
2005, Paris-Camembert.
2007, unha etapa do Tour de Luxemburgo.
XIRO DE ITALIA: 1993, (27º). 1994, (55º).
TOUR DE FRANCIA: 1993, (44º). 1995, (24). 1996, (18º). 1997, (31º, máis unha etapa). 1998, abandonou. 1999, (77º). 2001, (23º). 2002, (26º). 2003, (33º). 2004, (29º). 2005, (28º). 2006, abandonou.
VOLTA CICLISTA A ESPAÑA: 1997, (19º). 1998, (33º). 1999, (34º, máis unha etapa). 2000, (47º). 2001, (46º). 2002, (43º). 2003, (24º). 2005, (19º).
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 1993, segundo no Campionato de Francia de Ciclismo en ruta. 1996, segundo no Campionato de Francia de ciclismo contrarreloj. 2005, segundo no Campionato de Francia de ciclismo en ruta.
EQUIPOS: 1992-1994, Castorama. 1995-1999, Festina. 2000-2002, Jean Dalatour. 2003-2004, Ag2r Prévoyance. 2005-2007, Bouygues Télécom.
Ningún comentario:
Publicar un comentario