TOM BOONEN |
Corredor de grande envergadura é particularmente bo nos espríns e en carreiras dun día, sendo un gran especialista nas clásicas de primaveira.
Profesional dende 2002, primeiro co equipo estadounidense US Postal e dende 2003, no Quick Step, conxunto especializado en probas dun día e en esprinters e no cal estivo ligado casi toda a sua carreira deportiva. No primer ano como profesional colleitou unha meritoria terceira praza na París-Roubaix, ante os mellores corredores do mundo na especialidade. A pesares de que os éxitos nun se fixeron esperar, o seu grande ano foi no 2005, cando conseguiu vencer na Volta a Flandes, na París-Roubaix e no Campionato do Mundo de Ciclismo en estrada, convertendose no octavo corredor da historia capaz de firmar doblete nas duas clásicas sobre adoquins máis importantes do mundo. Ese mesmo ano obtivo dúas etapas no Tour de Francia, e foi elixido Bicicleta de ouro como mellor ciclista do ano.
Ao longo da súa carreira, obtivo un total de 75 vitorias, a maior parte delas en etapas de voltas e en carreiras dun só día.
Co equipo de Johan Bruyneel, o mozo Boone buscou confirmar as suas excelentes prestacions no campo amateur, onde obtivo, no ano 2000 triunfos do calibre da Paris-Tours sub 23 ou podios en probas como a Paris-Roubaix para amateurs. Pero, pronto se deu conta que o apoio que podia obter para desenvolverse como corredor nun equipo fervientemente dedicado a axudar a Lance Armstrong, naquel momento tres veces gañador do Tour, sería moi reducido en comparación ao que podería obter disputando ditas probas nun conxunto do seu país, o que lle animou a fichar polo recentemente formado Quick Step-Davitamon, dirixido por Patrick Lefevere e Wilfried Peeters.
En mayo de 2008, a súa carreira viuse frustada por un positivo por cocaina, nun control policial fora de competición, polo que a organización do Tour de Francia lle impidio correr a edición dese ano, o que lle obrigou a dedicarse a obxectivos menores, pero que non lle impediron seguir vencendo. Aínda así, a súa participación no equipo olímpico para os Xogos Olímpicos de Pekin 2008 foi descartada pola federación belga de ciclismo.
A finais de abril de 2009 deu de novo positivo por cocaina. É suspendido polo seu equipo, ata o 2 de xuño. Con todo, este control que volveu a ocorrer fóra de competición, fai que ningunha sanción poida ser tomada pola Liga Ciclista Belga nin pola UCI. Cuestión que segue sendo un asunto privado. Boone, admite que está nun estado de depresión psicolóxica e que ten problemas co alcohol.
Esta vez é autorizado a participar no Tour de Francia pero pasa desapercibido e debido a unha caida na 15ª etapa acaba retirandose.
En 2010, logo de gañar dúas etapas do Tour de Qatar, unha no Tour de Omán e unha na Tirreno-Adriatico, foi batido por Oscar Freire na Milán-San Remo.
O 22 de xuño de 2011, prolonga o seu contrato dous anos máis, participando no Tour de Francia. Con todo sufriu unha caída na 5ª etapa, cuxas consecuencias obrigáronlle a abandonar dous días máis tarde. Despois participou na Volta a España, na cal se fractura o escafoides da man esquerda, o que lle obrigou a abandoar.
TRIUNFOS: 2002, unha etapa da Uniqa Classic e unha etapa da Volta a Cataluña.
2003, unha etapa da Volta a Bélxica.
2004, unha etapa do Tour de Qatar, unha etapa da Volta a Andalucia, a E3-Prijs Harelbake, vencedor da Gante-Wevelgem, vencedor da Scheldeprijs Vlaanderen, unha etapa da Volta a Bélxica, duas etapas da Volta a Alemania, duas etapas da Ster Elektrotoer, duas etapas do Tour de Francia, unha etapa do Tour de Bretaña, vencedor do Memorial Rik Van Steenbergen, duas etapas do Circuito Franco-Belga e vencedor da Volta a Picardia, máis duas etapas.
2005, duas etapas do Tour de Qatar, duas etapas da París-Niza, vencedor da E3-Prijs Harelbeke, vencedor do Tour de Flandes, unha etapa do Tour de Picardie, Campión do Mundo de Ciclismo en estrada, nos campionatos celebrados en Madrid, vencedor da París-Roubaix, duas etapas do Tour de Francia, vencedor da Amstel Curaçao Race e vencedor da Volta a Bélxica, máis duas etapas.
2006, vencedor do G. P. De Doha, unha etapa da Volta a Andalucia, tres etapas da París-Niza, vencedor da E3-Prijs Harelbeke, vencedor da Volta a Flandes. Había máis de vinte e cinco anos que ningún ciclista conseguía gañar esta proba dúas veces, vencedor da Scheldeprijs Vlaanderen, duas etapas da Volta a Bélxica, vencedor da Veenendaal-Veenendaal, unha etapa da Volta a Suiza, tres etapas do Tour do Benelux, unha etapa do Tour de Bretaña e vencedor da Volta a Qatar, máis catro etapas.
2007, catro etapas do Tour de Qatar, unha etapa da Volta a Andalucia, vencedor da Kuurne-Bruselas-kuurne, vencedor do G. P. Escalada Flandes, vencedor a Traves de Flandes, vencedor da E3.Prijs Harelbeke, unha etapa da Volta a Bélxica, Campión do Tour de Francia na clasificación por puntos e unha etapa.
2008, vencedor do Tour de Qatar, máis tres etapas, unha etapa do Tour de California, vencedor da París-Roubaix, unha etapa da Volta a Bélxica, unha etapa do Ster Elektrotoer, unha etapa daVolta a Austria, unha etapa do Tour de Valonia, duas etapas do Tour do Benelux, duas etapas da Volta a España e unha etapa do Circuito Franco-Belga.
2009, vencedor do Tour de Qatar, máis unha etapa, vencedor da Kuurne-Bruselas-Kuurne, vencedor da París-Roubaix, Campeón de Bélxica en ruta, unha etapa do Eneco Tour e unha etapa do Circuito Franco-Belga.
2010, duas etapas do tour de Qatar, unha etapa do Tour de Omán e unha etapa da Tirreno Adriático.
2011, unha etapa do Tour de Catar e vencedor da Gante-Wevelgem.
2012, unha etapa do Tour de San Luis, vencedor do Tour de Qatar, máis duas etapas, unha etapa da París-Niza, vencedor da E3 Prijs Vlaanderen-Harelbeke, vencedor da Gante-Wevelgem, vencedor do Tour de Flandes, vencedor da París-Roubaix, campeón de Bélxica en ruta, vencedor do World Ports Classic, máis unha etapa e vencedor da París-Bruselas.
2013, poderia ser un ano record, coa cuarta vitoria no Tour de Flandes e a quinta na París-Roubaix faría del o ciclista con máis vitorias nestas carreiras moi populares, ocupando un lugar entre as lendas do ciclismo, pero nun poido ser, tendo que conformarse cunha etapa do Tour de Valonia, en toda a tempada. En Agosto debido a un quiste perineal que nun curou completamente, viuse forzado a rematar a súa tempada. Ten previsto comenzar a entrenar en outubro, pra preparar a próxima tempada. Esta moi motivado e ten moitas gañas de facer na proxima tempada unha campaña importante pra él e para o equipo.
No seu palmares conta tamén en 2005 con o segundo posto da UCI Pro Tour, en 2006, foi terceiro no campionato de Bélxica en Ruta e en 2007, foi segundo no Campionato de Bélxica en Ruta.
EQUIPOS: 2001-2002, US Postal. 2003-2013, Quick Step.
Nunca participou no Xiro de Italia.
TOUR DE FRANCIA: 2004, (120º, máis duas etapas), 2005, gaña as duas primeiras etapas, tendo que abandoar a carreira a causa de problemas físicos tras unha caída sufrida na etapa entre Courchevel y Briançon, 2006, sin gañar ningunha etapa, porta durante varias xornadas da primeira seman de carreira o maillot marelo de líder na xeral, abandoa na etapa entre Bourg d´Oisans e a estación de esqui da Toussuire, 2007, gañador de duas etapas e maillor verde da regularidade, 2009, nun toma a salida na decimoquinta etapa, 2011, abandoa na séptima etapa.
VOLTA A ESPAÑA: 2003, (92º), 2005, nun toma a saida na decimoterceira etapa, 2008, gaña duas etapas, 2011, nun toma a saida na decimosexta etapa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario