MATTI BRESCHEL |
Durante o seu primeiro ano como profesional, logrou ser segundo nunha etapa e na la clasificación xeral do Tour de Qatar, así como terceiro no Campionato de Dinamarca de ruta. En marzo de 2006, mentres disputaba en Bélxica a Driedaagse van West-Vlaanderen, sufriu unha caída como consecuencia das irregularidades no sprint de Robbie McEwen, con quen disputaba a vitoria e que a posteriori foi sancionado polos comisarios. Breschel fracturouse duas vértebras na caída, o que lle fixo pasar parte da tempada no dique seco. En 2007 logrou a súa primeira vitoria profesional na Volta a Dinamarca, onde gañou a segunda etapa.
En 2008, tras conseguir algunhas vitorias en competicións menores, en xuño terminou segundo no Campionato de Dinamarca de ruta, só superado por Nicki Sorensen. Máis tarde, en setembro, consiguiu o triunfo na última etapa da Volta a España, con final en Madrid, aínda sería a finais do mesmo mes cando lograría la medalla de bronce no Campionato Mundial de ruta disputado en Varese, por detrás dos italianos Alessandro Ballan e Damiano Cunego.
En 2009, consiguiu vitorias nas carreiras UCI Pro Tour da Volta a Cataluña e Volta a Suiza. Pero a súa mellor vitoria foi o Campionato de Dinamarca en ruta superando esta vez a Nicki Sorensen. Tamén consiguiu vitorias no Tour de Luxemburgo e Vuelta a Dinamarca.
Nos Campionatos do Mundo de Melbourne e Geelong de 2010 lograría o que é, ata o momento, o maior logro da súa carreira, ao conseguir a medalla de prata que disputou a Thor Hushovd e a Allan Davis quedando por detrás de Hushovd e por diante de Allan Davis.
TRIUNFOS: 2004, unha etapa do G. P. Ringerike, o Giro del Canavese e unha etapa no Circuito das Ardenas.
2007, unha etapa da Volta a Dinamarca e unha etapa no Tour de Irlanda.
2008, vencedor da Philadelphia Internacional, unha etapa do Ster Elektrotoer, dúas etapas da Volta a Dinamarca e unha etapa da Volta a España.
2009, unha etapa da Volta a Catalunya, unha etapa do Tour de Luxemburgo, unha etapa da Volta a Suiza, o Campionato de Dinamarca en Ruta e unha etapa da Volta a Dinamarca.
2010, vencedor da A través de Flandes e unha etapa da Volta a Dinamarca.
2012, unha etapa da Volta a Burgos.
2013, dúas etapas da Volta a Dinamarca.
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 2004, terceiro no Campionato de Dinamarca en ruta.
2005, terceiro no Campionato de Dinamarca en ruta.
2008, segundo no Campionato de Dinamarca en ruta e terceiro no Campionato Mundial en ruta.
2010, segundo no Campionato do Mundo en ruta.
EQUIPOS: 2005-2008, CSC Team. 2009-2010, Saxo Bank Team. 2011-2012, Rabobank. 2013, Saxo-Tinkoff Team.
Ningún comentario:
Publicar un comentario