xoves, 31 de outubro de 2013

MICHELE BARTOLI

MICHELE BARTOLI
MicheleBartoli, alcumado “El León de Flandes”, naceu en Pisa (Italia) o 27 de maio de 1970. A súa gran especialidade eran as clásicas dun día, o que se chama un clasicómano, sendo o seu maior logro como profesional as cinco vitorias en carreiras monumentos do ciclismo e a clasificación xeral final da Copa do Mundo conseguidas nos anos 1997 y 1998. Compitiu como profesional dende o ano 1992 hasta o 2004, logo dun ano sen vitorias decidiu retirarse da competición.
Iniciouse no ciclismo á idade de oito anos, gañando máis de 200 carreiras na categoría Júnior.
Iniciou a súa carreira profesional no Mercatone Uno, equipo no que estivo durante catro anos, debutando como profesional na Clásica de San Sebastián. A continuación, militou no MG-Tehcnogym co cal levouse a clasificación da UCI en 1997. Resultado que repetiría ao ano seguinte pero esta vez nas filas do equipo Asic. En este mesmo ano chegaba ao equipo, o debut profesional de Paolo Bettini competindo xuntos.
Tras esta chegada, Batoli perdeu o papel de líder do equipo, polo que se marchou aoMapei (1999-2001), onde obtivo vitorias na Flecha Valona e a xeral da Tirreno Adriático, entre outras.
En 2002 fichou polo Fassa Bortolo levándose grandes clásicas dun día como a Amstel Gold Race ou o Xiro de Lombardía, esta última en duas ocasións consecutivas.
En 2004 ficha polo Team CSC equipo no que di adeus ao ciclismo profesional e de competición, ao considerar que non estaba motivado pra continuar.
Tralos escándalos da Operación Puerto, A Gazzetta dello Sport relacionao co médico español Eufemiano Fuentes co código “Sansón”, xa que era o nome do seu can, pero estas acusacións non se chegaron a demostrar xa que tamén se relacionou Dito alcumo co ciclista colombiano Santiago Botero.
Na actualidade está casado e vive en Montecarlo di Lucca coa súa muller Alexandra e os seus fillos Clarissa e John. Dende 2005  celébrase a Gran Fondo Michele Bartoli que se disputa na provincia de Lucca, con saida e cegada na súa cidade natal de Montecarlo. Cos ex ciclistas Francesco Casagrande e Maximiliano Sciandri son os instructores da Campagnolo Paixón 2 Ride.
TRIUNFOS: 1994, unha etapa do Xiro de Italia, vencedor na Flecha Brabançona, G. P. Pino Cerami e Criterium dos Abruzzos.
1995, vencedor dos Tres Días da Panne, máis unha etapa.
1996, vencedor do Tour de Flandes, Xiro do Veneto, Xiro d´Emilia, Xiro Reggio Calabria, máis unha etapa, Gran Premio Industria e Artigianato-Larciano, unha etapa da Tirreno-Adriático, unha etapa da Volta a Suiza e o G. P. de Fourmies.
1997, vencedor da Lieja-Bastogne-Lieja, dúas etapas da Tirreno-Adriático, unha etapa do Tour do Mediterráneo, Copa do Mundo, Trofeo Laigueglia, Gran Premio de Frankfut e Trofeo Melinda.
1998, vencedor do Giro Reggio Calabria, máis unha etapa, Tres Días de La Panne, Lieja-Bastogne-Lieja, Campeonato de Zúrich, duas etapas do Tour del Mediterráneo, Copa del Mundo, unha etapa do Xiro de Italia, GP Kanton Aargau e Xiro da Romagna.
1999, vencedor da Tirreno-Adriático, unha etapa da Volta a Andalucía, unha etapa da Volta a Comunidad Valenciana, Flecha Valona e Flecha Brabançona.
2000, Campión de Italia de fondo en estrada, unha etapa da Volta a Andalucía e Gran Premio de Plouay.
2001, vencedor da HetVolk e Gran Premio Ciudad de Camaiore.
2002, vencedor da Amstel Gold Race, Xiro de Lombardía, Tour do Mediterráneo, máis unha etapa, Milán-Turín unha etapa do Xiro da Provincia de Lucca.
2003, vencedor do Xiro de Lombardía, Xiro de Lazio e unha etapa do Tour de Valonia.
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 1996, terceiro na Copa do Mundo e terceiro no Campionato do Mundo celebrado en Lugano (Suiza).
1998, terceiro no Campionato do Mundo celebrado en Valkenburgo (Holanda) e segundo na Bicicleta de Oro.
2001, segundo no Campionato de Italia de ciclismo en ruta.
2002, terceiro na Copa do Mundo.
XIRO DE ITALIA: 1994, (43º). 1998, na etapa 17ª chega fora de o tiempo e é desclasificado. 2002, retirase na 1ª etapa.
TOUR DE FRANCIA: 1996, (19º). 1997, retirase na 10ª etapa. 2000,  retirase na 13ª etapa. 2001, (33º) e en 2004, retirase na 17ª etapa.
VUELTA A ESPAÑA: 1995, (9º).
EQUIPOS: 1992-1995, Mercatone Uno. 1996-1997, MG Maglificio. 1998, Asics. 1999-2001, Mapei. 2002-2003, Fassa Bortolo e 2004, Team CSC.

Ningún comentario:

Publicar un comentario