xoves, 12 de xuño de 2014

ALEX CLOSE

Alex Close, montando un tubular.
Alex Close naceu en Moignelee, Namur, (Bélxica), o 26 de novembro de 1921. Morreu en Ligny (Bélgica) aos 87 anos, o 21 de outubro de 2008.
Ciclista belga pequeno de talla, excelente escalador. Tardío profesional (aos 27 anos), prácticamente nunca deixou a bicicleta e organizador de carreiras ciclistas.
Profesional de 1949 a 1959 durante os cales conseguiu 23 vitorias.
TRIUNFOS: 1950, vencedor do G. P. Guelma, máis unha etapa.
1951, vencedor do Premio de Ligny, 1º do Criterium de Hanret e vencedor dunha etapa da Volta a Luxemburgo.
1952, vencedor do Criterium de Hanret e vencedor dunha etapa na Volta a Luxemburgo.
1953, vencedor da Volta a Bélxica, máis unha etapa, 1º do Criterium de Momallz e 1º do Criterium de Charleroi..
1954, vencedor dunha etapa da Volta a Bélxica e 1º do Criterium de Namur.
1955, vencedor da Volta a Bélxica, 1º do Criterium de Namur e vencedor dunha etapa a través de Bélxica.
1956, vencedor da Dauphiné Libere, máis unha etapa, 1º do Criterium de Seillas, 1º do Criterium de Sombreffe e vencedor da Hocilaart-Diest-Hocilaart.
1957, vencedor da Bruxelas-Couvin e Campión da provincia de Namur.
1958, Campión Provincial de Namur.
XIRO DE ITALIA: 1952 (13º).
TOUR DE FRANCIA: 1952, (7º), 1953 (4º), 1954 (29º), 1955 (9º), 1956 (17º) e 1957 abandonou na segunda etapa.
Nunca participou na Volta Ciclista a España
EQUIPOS: Automoto-Dunlop. 1950, Alcyon-Dunlop, Libellula e Terrot-Wolber. 1951, Terrot-Wolber. 1952, Allegro, Stella-Huret, Garin-Wolber, Libellula, Girardengo-Clement. 1953Peugeot-Dunlop e Allegro. 1954, Peugeot-Dunlop e Arbos-Bubba. 1955, Peugeot-Dunlop e Elves-Peugeot. 1956, Elves-Peugeot. 1957, Peugeot-BP e Elves-Peugeot-Marvan. 1958, Elves-Peugeot-Marvan e Peugeot-BP-Dunlop. 1959, Elves-Peugeot e Peugeot-BP-Dunlop.

Ningún comentario:

Publicar un comentario