xoves, 5 de xuño de 2014

PIERRE CLOAREC

Pierre-Marie Cloarec naceu en Pleyben (Francia) o 14 de marzo de 1909. Faleceu aos 85 anos en Saint Ouen du Tilleul (Francia) o 7 de decembro de 1994.
Alcumado "Clo-Clo", foi un ciclista profesional francés con boas actuacións no Tour de Francia antes de gañalo como director deportivo de Jean Robic en 1947. No Tour de Francia de 1939 ao día seguinte de gañar unha das etapas pasa triunfante fronte á súa tenda de bicicletas
Profesional de 1931 a 1941.
Logo de retirarse exerceu de director deportivo ata o ano 1950 co equipo West no Tour de Francia.
TRIUNFOS: 1933, 1935 e 1936, vencedor da Chateaulin.
1937, vencedor da Paris-St. Etienne e da Saint-Brieuc.
1938, vencedor do Circuíto de Morhiban, da Marsella-Lyon, do Roven-Caen-Roven e do G. P. de Plovay.
1939, vencedor da Paris-Camenbert e da Nantes-As Sabres d´Olonne, Circuit de Douarnez e de Marsella-Lyon.
XIRO DE ITALIA: 1935 (4º).
TOUR DE FRANCIA: 1933 (38º), 1935 (18º), 1936 (22º), 1937 (32º), 1939 (31º, máis dúas etapas).
Nunca participou na Volta Ciclista a España.
OUTROS RESULTADOS DIGNOS DE MENCIÓN: 1932, terceiro na Torre Oeste. 1933, segundo na Torre Oeste e 1941 terceiro na Paris-Tours.
EQUIPOS: 1931-1934, Roold-Wolber. 1935, Gran Lucifer-Hutchinson. 1937, Mercier-Hutchinson. 1938-1939, A. Leduc-Hutchinson. 1940-1941, Mercier-Hutchinson.

Ningún comentario:

Publicar un comentario