xoves, 19 de xuño de 2014

ANTONIO COLL

Anton Coll Pontanilla, naceu en Masamagrall, Valencia (España), o 6 de abril de 1959.
Foi un ciclista español, completo cuxos comezos esperanzadores non puideron confirmarse.
Profesional de 1980 a 1989, durante os cales obtivo vitorias de etapa na Volta ás Tres Provincias, País Vasco, Cantabria, Catalunya, Asturias e as dúas etapas de maior éxito na Volta a España.
TRIUNFOS: 1981, vencedor da Volta a Aragón.
1982, vencedor do G. P. de Llodio.
Nunca participo no Xiro de Italia. 
TOUR DE FRANCIA: 1982 (70º), 1984 (66º), 1988 retirouse antes de finalizar.
VOLTA CICLISTA A ESPAÑA: 1981 (5º), 1982 antes de terse que retirar gaña unha etapa, 1983 retírase antes de finalizar, 1984 (12º, máis unha etapa) e 1985 (17º).
Outros resultados dignos de mención: 1980 terceiro no G. P. de Llodio, segundo na clasificación xeral final da Escalada a Montjuich, 1981 terceiro na clasificación xeral final da Volta ás Tres Provincias e terceiro na clasificación xeral final da Volta aos Vales Mineros, 1982 segundo na Volta a Andalucía, segundo na Volta a Cantabria e segundo, máis unha etapa e Premio da Montaña na Volta a Cataluña. 1983 terceiro no Campionato de España de fondo en estrada, terceiro na subida a Arrate, segundo na Clásica dos Portos, segundo na Volta a Castilla, segundo na Volta a Andalucía e segundo na Clásica de San Sebastián. 1985 segundo no G. P. de Llodio, terceiro na Clásica dos Portos e segundo na Subida a Aranzazu.
EQUIPOS: 1980-1981 CR-Colchon. 1982-1987 Teka e 1988-1989 Kelme e 1990 Kelme-Ibexpress.

Ningún comentario:

Publicar un comentario