xoves, 26 de xuño de 2014

ANGELO CONTERNO

Angelo Conterno (alcumado o home do cabelo plateado), naceu en Turín (Italia) o 13 de marzo de 1925. Faleceu aos 82 anos o 1 de decembro de 2007, sendo enterrado no cemiterio de Santena, onde viviu a maior parte da súa vida.
Foi un ciclista italiano dos anos 50 e principio dos 60, durante os cales foi considerado como un corredor completo, de bo nivel. Foi o primeiro ciclista italiano en gañar a Volta Ciclista a España de 1956, sendo líder desde a segunda etapa (a cal gañou) ata a última e avantaxando a Jesús Loroño, segundo, en trece segundos.
En 1952 foi maglia rosa no Xiro de Italia, onde gaño unha etapa terminando vixésimo cuarto na clasificación xeral final.
Profesional de 1950 a 1963, durante os cales logrou 26 vitorias.
Logo da súa retirada foi director deportivo do Sanson. Con todo, preferiu seguir competindo en carreiras como veterano nas categorías de Master onde gañou doce Campionatos do Mundo
TRIUNFOS: 1952, vencedor do Trofeo Ponsin e dunha etapa do Xiro de Italia.
1953, vencedor do Xiro dos Apeninos.
1954, vencedor do Xiro de Lazio e dunha etapa do Xiro de Italia.
1955, vencedor dunha etapa do Xiro de Italia.
1956, vencedor da Volta Ciclista a España máis unha etapa e vencedor do Xiro de Campaña.
1957, vencedor do Xiro de Veneto.
1958, vencedor do Xiro de Reggio Calabria.
1959, vencedor do Campionato de Zurich e vencedor do Xiro de Ticino.
1961, vencedor do Xiro de Piamonte e do Trofeo de Matteotti.
XIRO DE ITALIA: 1952 (24º, máis unha etapa), 1953 (5º), 1954 (10º, máis unha etapa), 1955 (18º, mais unha etapa), 1958 abandonou, 1959 (14º), 1960 (21º), 1962 (21º) e 1963 (27º).
TOUR DE FRANCIA: 1956 (41º).
VOLTA A ESPAÑA: 1566 (1º, máis unha etapa.
Outros resultados dignos de mención: 1954, terceiro no Xiro de Piamonte.
1956, terceiro no Xiro dei Romagna.
1958, terceiro no Tour de Flandes.
1959, terceiro no Campionato de Italia de ciclismo en ruta.
1960, terceiro no Campionato de Italia de ciclismo en ruta.
EQUIPOS: 1950 CV Covolo Turín, 1951 Fréjus, 1952 Tigra, 1953-1954 Fréjus, 1955 Torpado, 1956-1957 Bianchi, 1958-1960 Carpano, 1961 Swaps-Milán, 1962-1963 Carpano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario