Frans
De Mulder, naceu en Kruishoutem, Flandes Oriental (Bélxica), o 14 de decembro
de 1937. Faleceu en Deinze (Bélxica), aos 64 anos o 5 de marzo de 2001.
Foi
un ciclista belga, bo rodador e esprinter, pero bastante inconstante. A súa
exitosa traxectoria profesional foi breve. Gañou a 15ª Volta Ciclista a España
de 1960 ao seu compatriota e compañeiro de equipo Armand Desmet e ao español
Miguel Pacheco despois de 3.566 quilómetros repartidos en 17 etapas, dúas delas
dobres e sen un só día de descanso.
Na
devandita edición tomaron a saída 80 ciclistas, 45 deles españois, repartidos
en 8 equipos dos que só finalizaron 24 ciclistas.
De
Mulder, cubriu a proba a unha velocidade media de 34, 575 Km/h. Os
protagonistas desa edición foron os belgas que só perderon a clasificación da
montaña que gañou Antonio Karmany e a de metas volantes que a levou Vicente
Iturat.
Ese
mesmo ano na etapa reina, a 14ª con final en Vitoria, tivo lugar un
enfrontamento entre Bahamontes e a organización.
O
ciclista toledano reclamaba que se permitise que Julián San Emeterio continuase
en carreira a pesar de chegar fóra de control. Bahamontes chegou a ameazar con
retirarse da carreira se non se cumpría a súa petición aínda que finalmente non
foi así. Ao día seguinte, o escándalo estaba servido, o excéntrico Federico
Martin Bahamontes escápase do pelotón, para logo deterse e ser alcanzado,
quedándose finalmente descolgado e chegando a liña de meta unha hora despois do
vencedor da etapa, provocando a consecuente eliminación da proba. O médico da
Volta alegaría máis tarde que Bahamontes sufría de apendicitis.
O
seu irmán Marcel de Mulder tamén foi ciclista profesional.
Profesional
de 1958 a 1963, durante os cales gañou a clasificación xeral e catro etapas da
Volta Ciclista a España e o Campionato de fondo na estrada do seu país en 1960
o mellor ano da súa carreira deportiva, entre outras vitorias de menor
importancia.
TRIUNFOS:
1958, vencedor do Campionato de Bélxica como independente.
Monumento a Frans De Mulder en Machelen Aan de Lele |
1960,
vencedor do Campionato de Bélxica, da Volta a España, máis catro etapas e dunha
etapa da Volta a Luxemburgo.
1961,
vencedor da Anveres-Gante e do Campionato de Flandes.
1962,
vencedor da sétima etapa da Dauphiné Libéré.
1963,
vencedor dunha etapa da Volta a Bélxica e da Nokere Koerse.
Nunca
participou no Xiro de Italia.
TOUR
DE FRANCIA: 1962, abandonou antes de finalizar.
VOLTA
A ESPAÑA: 1960 (1º, máis catro etapas), en 1961 abandonou.
Outros
resultados dignos de mención: 1959, cuarto na Milán-San Remo e terceiro na
Lieja-Bastogna-Lieja.
1963, terceiro na Volta a Bélxica.
EQUIPOS:
1959-1961, Verde Lion-SAS Sinalco. 1962-1963, Wiel´s-Green Lion.
Ningún comentario:
Publicar un comentario