xoves, 5 de novembro de 2015

MAURICE DE MUER

Maurice de Muer
Maurice de Muer naceu no pobo de Potigny, Calvados, ao norte de Francia, o 6 de outubro de 1921. Morreu aos 90 anos o 4 de marzo do 2012 nunha residencia en Seillans, no sur de Francia.
Foi un ciclista dos anos 40, con bo nivel e clase, aínda que con poucas vitorias, destacando máis como director deportivo.
En 1961 comezou como director deportivo á fronte do equipo pequeno, Pelforth, que recrutaba a ciclistas agresivos entre os que se atopaban Henry Anglade e Jan Janssen. Neste equipo  estivo ata 1968, xustamente o ano en que Janssen, coa camisola nacional de Holanda, gañou o Tour de Francia.
A este equipo permíteselle participar no Tour de 1963, alcanzando notoriedade cando en 1964 un dos seus ciclistas Georges Groussard levou a camisola amarela durante 10 días.
Á fronte do Bic, guiou a Luís Ocaña a case dúas vitorias no Tour de Francia, gañou o de 1973. O de 1971 escaposelle tinguida de sangue, por unha caída no Col de Mente, na última etapa pirenaica, cando Eddy Merckx xa estaba derrotado.
Moi poucos directores foron capaces de facerse obedecer  por ese corredor xenial, soberbio, orgulloso e cabezota que era Ocaña. Maurice de Muer, o seu director no Bic, foi o que mellor o soubo entender.
En 1975 o Bic deixou o pelotón e pasou a dirixir o equipo co que correra de mozo, o Peugeot, famoso polo seu debuxo ajedrezado da súa camisola branca.
Maurice de Muer, detrás de Luis Ocaña, en el
momento de la caida del ciclista en el Tour de
1971
Foi alí onde gañou en 1975 e 1977 a través das pernas novas de Bernard Thevenet o Tour de Francia, acabando co mito de Merckx e Felice Gimondi nas costas de Pra Loup.
O seu poder de convicción, derivaba nun mal xenio, pero era un director volcánico, que se manifestaba gritando durante 15 minutos seguidos, para logo pasar longos períodos de placidez. Tamén era un home, que prestaba gran coidado e atención a como vestía e a como se peiteaba, aínda que ao volante do coche do Bic sempre se lle vía en pantalón curto e sen camisa. Era o que agora se chama un metrosexual. Á parte de por o seu forte carácter, os que o coñeceron tamén o lembran polo seu xenio estratéxico, pola súa audacia táctica e polo seu estilo atacante que tanto se conxugaba co carácter e o instinto agresivo na estrada de Luís Ocaña.
Contan que polas noites, nos hoteis, a súa muller, Jacqueline, que lle acompañaba en todo momento, despregaba sobre a cama un mapa de estradas e entre ambos sinalaban os lugares ideais para atacar ao día seguinte. Eran os tempos anteriores  ao pinganillo, aos teléfonos móbiles e aos GPS. Para el só contaba a vitoria.
En 1982, xa con 62 anos de idade, colgou o volante e retirouse a vivir en Seillans, no Var, comarca próxima á Costa Azul na que os equipos franceses concentraban aos seus ciclistas para pasar o inverno.
Maurice de Mueur al volante del coche del equipo Peugeor
dirigiendo a la victoria del Tour de 1975 y 1977 a Bernard Thevenet
Todos os directores da época, toda unha xeración do ciclismo como: Louis Caput, Raphaël Geminiani, Gaston Plaud e Jean Stablinski, acabaron construíndo alí as súas casas. A de Maurice de Muer ardeu en setembro de 2010, o que lle condenou a unha residencia de anciáns, onde só resistiu uns meses. Segundo Jean Marie Lebland, ciclista que correu as suas ordenes no Pelforth e no Bic e posteriormente xornalista en L´Equipe e director do Tour “Estaba un pouco canso”.
Profesional de 1941 a 1951, correndo sempre coa camisola do Peugeot. Os seus triunfos máis lembrados son a París-Camembert de 1944 e o segundo posto na París-Niza de 1946.
TRIUNFOS: 1944, vencedor do G. P. Vimoutiers.
1947, vencedor do Gran Premio Boto Alxer. 
1950, vencedor da Volta á Mancha.
Nunca participou no Xiro de Italia nin na Volta a España.
TOUR DE FRANCIA: Participa nas edicións de 1947 e 1948, retirándose en ambas. 1950 (31º).
Outros resultados dignos de mención: 1946, segundo na París-Niza e terceiro na París-Tours.
EQUIPOS: 1941-1951, Peugeot.

Ningún comentario:

Publicar un comentario